
5-8 de decembro: Montaña Palentina
5 diciembre, 01:00 - 8 diciembre, 20:30
ACTIVIDADES
Sábado 5/12:
Opción A: Pico Espigüete. O autobús déixanos no punto de inicio, no aparcamento de Pinollano para ascender o Espigüete e volver andando a Cardaño de Abajo. Datos técnicos: +1200 m de desnivel – 12 km – Dificultade: Moi difícil (haxa neve ou non). É unha esixente canle e crista de rocha calcaria con fortes pendentes e pedreiras soltas. Se hai neve, convértese nunha ascensión de alpinismo pura onde o piolet, os grampóns e o casco son obrigatorios.
Opción B: Fuentes Carrionas. Saída desde Cardaño de Arriba para remontar o val ata o circo glaciar onde se atopa a Lagoa de Fuentes Carrionas, o nacemento do río Carrión. Entre +700 m e +900 m de desnivel – Uns 16-18 km (ida e volta) – Dificultade: Moderada. O camiño discorre polos vales glaciares, rodeado de grandes cumios, ata chegar ao illado lago.
Domingo 6/12: Pico Murcia (2.414 metros). A ruta comeza en Cardaño de Arriba. Distancia: 15 km. Desnivel positivo de +1000 metros, cunha dificultade moderada.
Luns 7/12: Peña Prieta (2.538 metros). A ruta parte de Cardaño de Arriba. Distancia 20 km. Desnivel positivo de +1200 metros,
Martes 8/12: Alto de la Casilla. O punto de partida é Cardaño de Abajo. Distancia: 14 km. Desnivel positivo de +600 metros.
**As actividades poden sufrir modificacións dependendo das condicións metereolóxicas.
**É OBRIGATORIO ter licenza que cubra actividades de montaña.
PREZOS
Autobús soci@: 115€
Autobús non soci@: 150€
Aloxamento no albergue «Caserón de Fuentes Carrionas»:
Cuartos para 4 persoas en aloxamento e almorzo: 66€ persoa
Cuarto para 2 persoas con cama de matrimonio en aloxamento e almorzo: 81€ /persoa
Cena opcional: 19,50€ día (para os que se aloxan no Caserón de Fuentes Carrionas)
Hai que levar saco e toalla. Podense alugar alí por 6€ sábanas e 3€ a toalla
Aloxamento no Refuxio do Club Espigüete
Literas, cuarto de baño e cociña: 36€ por persoa (só aloxamento)
Hai que levar saco e toalla, non están incluidas as comidas. Hai menaxe de cociña.

Inscrición: Palentinas