
- Este evento ha pasado.
4-6 de febreiro: Percorrido galego de esquí de montaña e raquetas. Actividade Cancelada por falta de neve
04/02/2022, 19:00 - 06/02/2022, 19:00
64€ACTIVIDADE CANCELADA POR FALTA DE NEVE
O Club Montañeiros Celtas e a Federación Galega de Montañismo organizan a actividade: PERCORRIDO GALEGO DE ESQUÍ DE MONTAÑA E RAQUETAS DE NEVE
Datas: 4-6 de febreiro
Lugar: Villablino (León)
SÁBADO 5 DE FEBREIRO: MUXIVÉN CIRCUITO PARTIENDO DENDE LUMAJO
- Lugar da actividade: Muxivén 2.026 m. alto de las Rebezas 1.193 m.
- Lugar da partida: Lumajo 1.370 m..
- Data: Sabado 5 de Febreiro do 2022
- Desnivel acumulado: +/- 11800 m.
- Dificultade: PD , Dificultade técnica escasa, as pendentes non superan o 35%, pero o desnivel, o risco da exposición á caída e perigos obxectivos podes ser xa considerables.
- Lonxitude: +/- 13 Km. Ida e volta.
- Pendente máxima: 35º tramos curtos.
- Orientación: SSE e E
- Duración percorrido esquí: 5,30 h.
- Duración percorrido raquetas: 5:30 h.
- Hora saída: 9:30 lumajo.
DOMINGO 6 DE FEBREIRO: ALTO DE PREFUSTES Y TRES CRUCES
- Lugar da actividade: Porto de Santa María Somiedo .
- Lugar da partida: El Puerto 1.480 m..
- Data: Domingo 6 de Febreiro do 2022
- Desnivel acumulado: +/- 370 m.
- Dificultade: PD , Dificultade técnica escasa, as pendentes non superan
o 35%, pero o desnivel, o risco da exposición á caída e perigos
obxectivos podes ser xa considerables. - Lonxitude: +/- 9 Km. Ida e volta.
- Pendente máxima: 28º
- Orientación: E
- Duración percorrido esquí: 3,10 h.
- Duración percorrido raquetas: 3:50 h.
- Hora saída: 9:30 porto Somiedo.+
Deberá levarse material propio para unha actividade de alta montaña en inverno.
Débese revisar que o material de esquí e raquetas está en bo estado. Gorro, luvas, polainas, roupa de abrigo e impermeable, gafas de factor 3 ou superior, crema protectora, frontal, comida, bebida.
Material adicional: Piolet e crampóns.
Obrigatorio material de seguridade de esquí de travesía: ARVA, pala e sonda.
Cambios na actividade: A organización pode cambiar ou suspender a data e o lugar da actividade en función das condición meteorolóxicas e de neve.
**Obrigatorio: Ficha Federativa en vigor ano 2022 e pasaporte Covid-19.
**Desprazamento en coches particulares
Aloxamento no Albergue Francisco Giner de los Ríos: 64€/ persoa. Inclúe aloxamento 4 e 5 de febreiro, almorzos do 5 e 6 de febreiro e cea do 5 de febreiro