Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

6 de novembro: Sendeiro no Bidueiral de Montederramo

06/11/2022, 08:00 - 21:30

15€ – 21€
DATA: 6 de novembro
HORA DE SAÍDA: 8h dende o Club con parada en Concheiro
HORA DE VOLTA: sobre as 21h30 ao Club con parada en Concheiro
 Saímos e chegamos á parroquia de Gabín, concello de Montederramo, Serra de San Mamede norte, Macizo Central Ourensán.
   O punto de saída é o Albergue de Cotarelo 1.020 m,  imos remontando a cota 1.200 m e bordeando o alto As Pombiñas, O Retorno, e a Pena do Seixo 1.278 m para baixar o Campo do Casar.
   O Campo do Casar, Km 4  é o punto clásico de acceso o Bidueiral. Manteremos a cota entre 1.200m e 1250 m dentro do Bidueiral que está situado entre os concellos de Montederramo e Vilar de Barrio.
        Saímos do bidueiral polo sur ata o alto de San Mamede 1.616 m , Km 13 superando pendentes do 15% . Previsto xantar na contorna da Capela de San Mamede sobre as 14H20. Vistas excepcionais sobre a foxa tectónica ( Horst ) do Val da Limia, Maceda, pechando polo sur estribacións da Peneda Gerés.
     A baixada do San Mamede será polo suroeste, os primeiros 2 Km con inclinación media do 20%. Cruzaremos o Campo da Cabeza da Lata 1.384 m, seguimos con vistas espectaculares cara o Alto do Rodicio e Monte Meda, xiraremos o norte na procura de A Pena da Moura 1.282m , Km 16,5. Perdemos altura progresivamente, finalizando a ruta en Gabín.
DIFICULTADE TÉCNICA E FÍSICA
  Técnica : fácil , fundamentalmente pista forestal e corta lumes, pódese esvarar en zonas de inclinación superior o 25 % por piso mollado.
  Física :  media, xornada de 22Km , con pendente media do +8% -8%, a máxima 30% e – 32% . Desnivel: + 800, – 830

TEMPO ESTIMADO:  Total: 8H15

PREZOS:
Autobús soci@: 15€
Autobús non soci@: 21€

Detalles

Fecha:
06/11/2022
Hora:
08:00 - 21:30
Precio:
15€ – 21€
Categoría del Evento:

Local

Bidueiral de Gabin (Montederramo)