Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

31 de marzo: Asamblea Ordinaria e Extaordinaria

31 marzo, 20:00 - 23:00

Data: 31 de marzo
Hora: 20:00
Lugar: Local Social do Club

Segundo os artigos 20 e 21 dos nosos Estatutos, convocamos Asemblea Xeral Ordinaria o próximo día 31 de marzo ás 20:00 horas en primeira convocatoria e ás 20:30 horas en segunda convocatoria, no local social situado en Avda. Camelias 78 oficina K, segundo á orde do día que se expón a continuación:
Orde do día da Asemblea Xeral Ordinaria
1)Aprobación se procede, das actas de anteriores Asembleas
2) Presentación e aprobación, se procede da Memoria de actividades do ano 2022
3) Presentación e aprobación, se procede, das contas anuais de 2022
4) Presentación e aprobación, do calendario de actividades do ano 2023
5) Presentación e aprobación se procede, do orzamento para o ano 2023
6) Situación actual Refuxio Aloia
7) Propostas dos asociados
8) Rogos e preguntas

Asemblea Xeral Extraordinaria
Ao remate da Asemblea Xeral Ordinaria convócase Asemblea Xeral Extraordinaria co seguintes puntos na orde do día:
-Proposta para solicitar que o Club pase a ser declarado Entidade de Utilidade Pública.
As actas de anteriores Asembleas non serán lidas e estarán á disposición dos socios e socias na oficina do Club e/ou no Taboleiro de anuncios a partir do día 15 de marzo, xunto ao Censo de socias e socios con dereito a voto.
A documentación: Balances e conta de resultados de 2022, estarán dispoñibles a partir do día 25 de marzo.
As Propostas dos asociados deberán presentarse segundo os estatutos con 5 días de antelación a celebración da asemblea.
Non ignores o dereito e deber de PARTICIPAR no funcionamento do teu CLUB.
PARTICIPA!!!

Detalles

Fecha:
31 marzo
Hora:
20:00 - 23:00