Cargando Eventos

« Todos los Eventos

17 de outubro: Pequemarcha Río Alén

17 octubre, 11:00 - 18:00

DATA: 17 de outubro
HORA: 11h
LUGAR: Capela de San Xoán de Mosteiro https://maps.app.goo.gl/CGNCsKsT7FPYomiS6

A ruta do río Alén percorre parte da parroquia de Barcia de Mera, seguindo o curso do río e o fermoso val que o rodea. O río Alén desemboca no río Tea e ambos forman parte da Rede Natura 2000, unha rede europea que protexe espazos naturais de especial valor.

Ao longo do percorrido poderemos descubrir un entorno natural moi ben conservado, con augas de gran calidade, bosques de ribeira e unha gran variedade de plantas e animais. É, polo tanto, unha boa oportunidade para gozar da natureza en familia e coñecer un pouco máis o patrimonio natural da zona.

O roteiro ten unha lonxitude aproximada de 7 quilómetros.

Un percorrido no que natureza, auga e patrimonio se unen para ofrecer unha experiencia agradable para descubrir e gozar en familia.

Hai que levar a comida  e os que queiran poden quedar para pasar unha tarde xogando en boa compañía.

PREZOS:
Soci@ con licenza: 0€
Soci@ sen licenza: 5€
Non soci@ con licenza: 2€
Non soci@ sen licenza: 7€
*A licenza é o seguro federativo que cubre as actividades de sendeiro.
**As pequemarchas son actividades para familias con rapaces de 0 a 10 anos.

Detalles

Fecha:
17 octubre
Hora:
11:00 - 18:00
Categoría del Evento: