Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

3-4 de setembro: As portas do Gerês e algunha que outra cancela. Etapas 3 e 4

03/09/2022, 07:00 - 04/09/2022, 20:00

63€
DATA: 3 e 4 de setembro
HORA DE SAÍDA: 7h dende o Club con parada en Concheiro
HORA DE VOLTA: sobre as 20h
Nesta ocasión a saída é de fin de semana e imos ao Gerês mais auténtico. Non vai  defraudar a ninguén,  xa que ten de todo: pobos rurais onde aínda se pode ver o gando por medio das casas, fervenzas, pozas, sendeiros de montaña e miradoiros cunhas vistas….

Etapa 3. Duns 17 km. Ao baixar do bus comezaremos a camiñar no pobo de Cela e de seguido atoparemos a Cascata de Cela Cavalos, continuaremos ata o pobo Lapela onde dará comenzó a parte mais montañeira en busca das Sete Lagoas. Seguindo o curso do río Cabril baixaremos case todo o val ata desviarnos cara Xertelo onde daremos por finalizada esta etapa.
Etapa 4. Sobre 15 km. Iniciamos a marcha en Ermida, pobo no que estaremos aloxados a noite do sábado, e iremos en busca das Cascatas de Fecha de Barjas mais coñecidas como Cascatas de Tahiti. Pasaremos por un dos Sobreirais mais grandes e antiguos de Europa, tamén pola Cascata do Arado. Visitaremos o Miradouro das Rocas, tenremos que desviarnos un pouco pero merece a pena. Iremos ata o Miradouro de Pedra Bela, o nome o di todo, unha das vistas mais fermosas do Gerês. Finalizamos no turístico pobo de Caldas.

Levar comida e auga suficiente para toda a xornada.
KIT de baño.
Se a climatoloxia o permite pódese ir en pantalón curto e tenis de montaña sen ningún problema.

PREZOS AUTOBÚS:
Socixs: 33€
Non socixs: 46€
PREZOS ALOXAMENTO CASA DO CRIADO:
Bungalow compartido: 15€ persoa/noite
Cuarto de matrimonio: 20€ persoa/noite
Cea do sábado e almorzo do doming pola mañá: 15€

Inscrición: Inscricion Portas Gerês

Detalles

Comienza:
03/09/2022, 07:00
Finaliza:
04/09/2022, 20:00
Precio:
63€
Categoría del Evento:

Organizador

Sección Sendeiros
Teléfono:
986 438505
Correo electrónico:
info@celtas.gal

Local

Ermida, Terras de Bouro, Portugal