
28 de xuño: Sendeiro Río Áncora (Serra d’Arga)
28 junio, 08:30 - 20:30
DATA: 28 de xuño
HORA DE SAÍDA: 8H30 dende Concheiro (Avda de Madrid)
HORA DE CHEGADA: 20h30 a Concheiro (Avda de Madrid)
Na última saída antes do verán iremos ata a Serra d’Arga en Portugal.
Saíremos da Capela de Arga, pasaremos polo pobo de Arga da Cima, ascenderemos á Serra da Arga e a bordaremos polo sendeiro (615 m) para camiñar por corredoiras en pedra e descender ao río Áncora. Chegaremos por sendeiros ao Poço Negro da Serra da Arga, máis abaixo nos encontraremos a Cascata Trás do Áncora coas súas Pozas, Cascata Janela do Céu para logo chegar a Cascata do Pincho onde aproveitaremos para dar un chapuzón e despois terminar no parque de merendas da Árvore, Orbacem.
Ruta lineal 18kms.
Moderada, desnivel positivo 220m negativo 685 m
PREZOS
Soci@ con licenza: 20€
Soci@ sen licenza: 25€
Non soci@ con licenza: 25€
Non soci@ sen licenza: 30€

Inscrición: Sendeiro Río Áncora