
- Este evento ha pasado.
28 de setembro: Sendeiro Ribeira Sacra
28/09/2025, 07:30 - 20:00
Saímos do mesmo centro de Parada do Sil, na praza do Barquilleiro cara á parroquia de Sardela, camiño limitado por muros de pedra seca; pasamos a estrada e baixamos a cruzar o Regato do Batán entrando no pobo de Entrambosríos, característico da arquitectura rural galega, km 3 , 442 m.al. Saíndo do pobo éntralle pola dereita o Regato dos Fiós, o espazo que percorremos está moi conservado con soutos de castiñeiros, muíños ,… O Regato do Batán verte no Sil, na chamada praia de Rabacallos. Estamos na Sapeira, o punto máis baixo do percorrido 292 m.al.
Comezamos a subida e arrancamos por unha viña da viticultura heroica, gañamos cota e vistas sobre Rabacallos, pasando por San Vitorio chegamos ao Fondo da Vila e enfiamos polo lugar do Cudicán, pronto atopamos a área recreativa Os Torgás, km 8,6 , 645 m.al. Pasamos polos restos do Foxo do lobo de Parada do Sil e directamente aos Balcóns de Madrid ou dos Mouros, desfustramos das vistas sobre o canón e as terras da Teixeira e Castro Caldelas .
Despois da parada para recuperar forzas toca descenso cara o Miradoiro das Fontiñas, km 10,66, seguimos ao Miradoiro da Portela, sen parar, cruzamos o Regato da Portela e pasando pola aldea do mesmo nome dirixímonos ao Mosteiro de Santa Cristina, avanzamos entre ruínas de sequeiros de castañas, atravesamos soutos e carballeiras, chaman a atención as ladeiras cheas de pedras amoreadas .
Chegamos a Santa Cristina, km 14, 449 m.al. Facemos parada para percorrela, xantar e descansar, sobre as 15h.
Despois da parada e en ascenso vamos a aldea do Castro e por detrás do Cámping do Canon do Sil, desfrutamos dos dous miradoiros : Pena da Cividá , e a Cividá, tamén do Castro da Cividá, km 16,300, 617 m.al.
Imos rematando camiño de Chamoso, km 18,200 e xa temos a tiro de pedra Parada do Sil.
Características da ruta
