Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

28 de febreiro: MendiTour- 4ª Mostra de Cine de Montaña e Aventura

28 febrero, 20:00 - 22:00

DATA: 28 de febreiro
HORA: 20h00
LUGAR: Auditorio Municipal do Concello de Vigo

** ENTRADA LIBRE ATA COMPLETAR AFORO

O Club Montañeiros Celtas, programa a primeria sesión da 4ª Mostra de Cine de Montaña, Natureza e Aventura en colaboración co Bilbao Mendi Film, un prestixioso festival de cine de Montaña a nivel internacional.

POSTER MENDI

A programación será a seguinte:

LOBOS
MF BIZKAIA TERNUA BEKA 2022
V.O-es/bable Subt -es
2022, España, 30min Directora: Mariña G. Andreu
Os gandeiros dun pequeno pobo de Asturias posiciónanse en contra da recente prohibición da caza do lobo. Un retrato sobre a inquietude e o temor cara ao Lobo. Un aullido nocturno que retumba no Val. Unha colección de momentos e relatos que nos fan reflexionar sobre o noso pasado cultural, un estilo de vida que a maioría vinculamos á nosa mirada supersticiosa, mítica e moral; a orixe do medo e o odio, o noso inconsciente colectivo.

INTO THE ICE
SELECCIÓN OFICIAL DO MF 2022
V.O- en/es Subt -es
2022, España, 30min Director: Andrew Opila
Unha viaxe á Cordilleira Darwin, unha cordilleira remota, salvaxe e na súa maioría inexplorada no extremo de América do Sur. Durante marzo e abril de 2022, sete amigos navegaron, escalaron e exploraron este lugar prístino para comprender mellor como os seus glaciares están a responder ao cambio climático e tentar o primeiro ascenso de Roncagli e Cerro Sara.

TÒFOL CASTANYER, EL CORREDOR INFINIT
MELLOR PELÍCULA DE DEPORTE E AVENTURA DO MF 2022
V.O -cat Subt -es
2022, España, 48min Director: Álvaro Iglesias
Un percorrido pola gran personalidade de Tòfol Castanyer, o corredor infinito. Como se converteu no precursor dos corredores de montaña xusto antes de que existisen os sendeiros de montaña. Un verdadeiro heroe, descoñecido, un atleta silencioso, pero ao mesmo nivel dos mellores e máis reputados profesionais do deporte. Alguén que leva o seu corpo e mente a límites extremos, chegando á elite sen facer ruído algún nin nas redes sociais, nin dándose publicidade. O rei das montañas.

Detalles

Fecha:
28 febrero
Hora:
20:00 - 22:00
Categoría del Evento:

Organizador

Sección Cultura e Actividades Sociais

Local

Auditorio Municipal do Concello de Vigo, Praza do Rei, Vigo