Cargando Eventos

« Todos los Eventos

28-29 de maio: Bici de montaña na Serra da Culebra

28 mayo, 08:00 - 29 mayo, 20:00

33.5€

Bici de Montaña: Serra da Culebra

DATAS: 28-29 de maio
LUGAR: Serra da Culebra (Zamora)
SAIDA: Sábado 28 de maio ás 8:00 da mañan desde Concheiro. Chegada a Puebla de Sanabria ás 10.30. Punto de encontro Estación de servicio BP de Puebla de Sanabria.
CHEGADA: Domingo 29 de maio, chegada á Vigo ao redor das 20.00 h

Actividade de fin de semana con dous días de actividade na Serra da Culebra (Zamora).

A serra da Culebra é unha cordilleira de Castela e León, noroeste de España e nordeste de Portugal. Atópase a 7 km ao sur de Puebla de Sanabria nas comarcas de Aliste, Sanabria e La Carballeda, así como nos concellos de Vinhais e Bragança no distrito de Bragança

Sábado 28 de maio – Os pobos e os montes da Serra da Culebra
Desde Puebla de Sanabria desprazarémonos a Santa Cruz de Cuérragos (40 min) para comezar a ruta.
Percorrido circular de aproximadamente 46 km e 1100 m de desnivel positivo acumulado.
O roteiro recorre numerosas pistas forestais da zona, pasando polas poboacións de Santa Cruz de Cuérragos, Flechas, Figueruela de arriba, Villarino de Manzanas, Rio Manzanas e incluso se mete en Portugal pola aldea de Petisqueira.
Para este percorrido empregaremos todo o día do Sábado, saindo e chegando a aldea de Santa Cruz de Cuérragos. Recomendamos que os participantes leven comida e auga, pois ainda que pasamos por poboacións, non se garante que haxa sitios para comer.

Domingo 29 de maio – Villardeciervos
Percorrido circular de aproximadamente 30 km e 600 m de desnivel positivo acumulado.
O Roteiro ten saída e chegada en Villardeciervos e discorre polo pantano e montes que rodean a esta poboación, no que teremos a oportunidade de ver outras paisaxes desta serra.
Esta actividade desenvolverase o domingo pola mañan, polo que ao acabar buscaremos un sitio para comer en Villardeciervos.
Despois da comida emprenderemos camiño de volta para a casa.

Notas:
Camping Isla de Puebla (Puebla de Sanabria)
Aloxamento en Bungalows de 5 prazas. Prezo 17,50 euros (solo dormir).
Cea do sábado: O Camping ten un restaurante con menú a 16 euros/persoa
Almorzo domingo: Na cafetería do camping.
Posibilidade de comida o domingo en Villardeciervos

Inscrición: Bici de montaña na Serra da Culebra

Detalles

Comienza:
28 mayo, 08:00
Finaliza:
29 mayo, 20:00
Precio:
33.5€
Categoría del Evento:
Etiquetas del Evento:
, , ,

Organizador

Sección Bici de Montaña

Local

E.S BP Puebla de Sanabria II
CARRETERA N-525 KM. 84,5, 49395 Cobreros, Zamora + Google Map