Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

28-29 de maio:Operación Benxamín «Os montes: Aloia e Galiñeiro»

28/05/2022, 10:30 - 29/05/2022, 19:30

15€
DATA: 28 e 29 de maio
LUGAR DE ENCONTRO: día 28 ás 10h30 no Monte Galiñeiro (merendeiro).
LUGAR DE RECOLLIDA: día 29 ás 19h30 no Club
A segunda fin de semana da Operación Benxamín tera lugar nos Montes Aloia e Galiñeiro.
O sábado 28 ás 10h30 no parque forestal do Galiñeiro comezaremos esta segunda Operación Benxamín, alí deixaremos as mochilas da fin de semana que voluntarios do club levarán ao Refuxio do Aloia.
As rapazas e rapaces levarán lista a mochila de ataque para comezar a ruta de sendeirismo do Galiñeiro ao Aloia.
Pola tarde realizaremos un concurso de pratos saudables e lles daremos unha charla sobre a alimentación saudable na montaña.
Antes da cea haberá un taller práctico sobre a montaxe dun campamento.
O domingo 29 despois de durmir no Refuxio do Aloia, almorzaremos, realizaremos unha ruta botánica con xogos na natureza.
Antes de comer o autobús nos virá buscar para levarnos ao Galiñeiro onde se as condicións meteorolóxicas o permiten realizaremos unha actividade de escalada en rocha e teremos unha charla sobre primeros auxilios na montaña.
A hora de regreso será ás 19h30 no Club
PREZOS:
SOCIXS: 15€
PREZO PARA IRMÁN/IRMÁ: 10€
**Se se anotan irmáns, un paga 15€ e os seguintes 10€
 **Teñen que levar a comida do sábado e do domingo e a cea do sábado.

Detalles

Comienza:
28/05/2022, 10:30
Finaliza:
29/05/2022, 19:30
Precio:
15€
Categoría del Evento:

Organizador

Sección Infantil

Local

Galiñeiro
Vincios, + Google Map