
- Este evento ha pasado.
26 e 27 de setembro: Saída Interclubs Multiaventura Enciña da Lastra
26 septiembre, 10:00 - 27 septiembre, 20:00
Datas: sábado 26 e domingo 27 de setembro
Nesta ocasión xuntámonos cos clubes Pena Trevinca e EC Cornatel para facer unha fin de semana de multiaventura no Parque Nacional de Enciña da Lastra e arredores.
- Descenso de canóns ( Canón do Río Candís)
- Espeleoloxía (Pala Silberto, Cova Cortiñas, Sistema K1-Cubelas, Cova de Cornatel ou Sima Cornatel)
- Kayak (actividade de pago) Aínda no sabemos o custo, pagarase alí.
- Escalada
A dinámica consiste en facer grupos de deportistas que se organizarán para desfrutar das distintas actividades plantexadas. Nos días previos á actividade, xa co persoal inscrito, indicaremosvos máis instruccións de onde quedamos e como imos facer, xa que trátase dunha xuntanza informal, non dun campamento organizado.
Na inscripción deberedes marcar a actividade que vos interesa. É preciso explicar que é unha actividade de xuntanza, é dicir, os e as deportistas deben ser totalmente autónomos e ter a licenza acorde a súa actividade. Os membros da sección de espeleo non somos nin técnicos nin guías, polo que non nos podemos facer cargo do que iso supoña.
Nesta saída é imprescindible ser autónomo na disciplina ou deporte que se vaia a facer. Recordade que hai covas que precisan de TPV, xa que nalgunhas iremos baixar e subir polas cordas e é necesario saber facelo con seguridade.
A data fin de inscripción é hata o martes 15 de setembro, para poder pedir os permisos.
Para durmir:
Imos reservar nun pabillón en Ponte de Dominguez Flores
Os federados en espeleo tamén tedes o Refuxio de Covas pero non sabemos en que condicións está.
E tamén temos a opción de https://sportanoe.com/ no Lago de Carucedo coas tarifas que teñan
Tamén é preciso saber se ides durmir connosco ou non no pabillón en Ponte de Dominguez Flores, polo tema de reservar praza. Recordade que as instalacións de sportanoe teñen custo e deberedes reservar pola vosa conta. O mensmo que na reserva do refuxio de Covas da FGE que o fará cada deportista.
Ubicación do refuxio da FGE:
Refuxio Federación Galega de Espeleoloxía en Covas.
42.47584459543803, -6.831418775159631 de googlemaps
É preciso ter a Licenza adecuada que permita a actividade.
Data de inscripción hata o xoves 15/09/2026

Inscrición: Multiaventura