
25 de xaneiro: Sendeiro do Falbán e de San Xes
25 enero, 09:00 - 20:00
DATA: 25 de xaneiro
HORA DE SAÍDA: 9h dende Concheiro (avda de Madrid)
HORA DE VOLTA: 20h a Concheiro (avda de Madrid)
O primeiro sendeiro do ano terá lugar no concello de Paderne de Allariz.
Realizaremos a ruta do Falbán e de San Xes
Sairemos de Rioseco, camiñaremos por varias corredoiras, cruzaremos os pobos de Vilaverde, Eiravedra e empezamos a ascender ao monte A Biduiza ou Birbiza (774m ) oonde teremos o «Bambán do Falbán». Crestearemos uns metros ata o punto xeodésico (784m) e descenderemos ao pobo de Rebordillose por corredoiras descenderemos ao Río Do Grañal, camiñaremos paralelos ao río sobre 4 kms, cruzaremos o río Gaiola, ascenderemos ao pobo de Outeiros e por varias corredoiras chegaremos ao final da ruta.
Ruta circular
Distancia: 18 kms
Dificultade: moderada.
Desnivel+ – 480m.
PREZOS
Soci@ con licenza: 20€
Soci@ sen licenza: 25€
Non soci@ con licenza: 25€
Non soci@ sen licenza: 30€

Inscrición: Sendeiro do Falbán e San Xes