Cargando Eventos

« Todos los Eventos

25 de outubro: Sendeiro Crecente Río Ribadil

25 octubre, 08:30 - 20:30

DATA: 25 de outubro
HORA DE SAÍDA: 8h30 dende Praza España (entre rúa Fernando Conde e Manuel Olivié)
HORA DE VOLTA: 20h30 a Praza España

A saída terá lugar na igrexa de Crecente. Desde alí realizaremos unha parte importante do PR-G 174, iniciando o percorrido polo núcleo urbano para, a continuación, incorporarnos a varios tramos de levadas.

O itinerario levaranos ata a Capela do Cruceiro Quebrado, desde onde retomaremos o percorrido polas levadas durante varios quilómetros. Continuaremos ascendendo ata chegar ao miradoiro do Coto da Cruz, punto desde o que iniciaremos o descenso por diferentes levadas ata alcanzar o río Ribadil.

Seguiremos o curso do río pola súa marxe esquerda ata cruzar a ponte de Noceifas. A partir deste punto, continuaremos pola marxe dereita, percorrendo o río ata chegar ao Pozo do Inferno.

Desde o Pozo do Inferno iniciaremos o tramo final do percorrido, que nos levará de novo ata o punto de partida, na igrexa de Crecente.

Dificultade: Media
Desnivel positivo: +500 m
Desnivel negativo: -500 m
PR – G 272  + PR – G 174
Ruta circular 19 Km
PREZOS
Soci@ con licenza: 20€
Soci@ sen licenza: 25€
Non soci@ con licenza: 25€
Non soci@ sen licenza: 30€

Detalles

Fecha:
25 octubre
Hora:
08:30 - 20:30
Categoría del Evento: