Cargando Eventos

« Todos los Eventos

25 de febreiro: 7ª Mostra de Cine de Montaña e Aventura. Mendi Tour Vigo 2026

25 febrero, 20:00 - 22:00

Club Montañeiros Celtas, trae á cidade de Vigo a 7ª Mostra do mellor cine de montaña, natureza e aventura.

Serán tres días de programación, do 24, 25 e 26 de febreiro converténdose pouco a pouco nun clásico encontro da comunidade alpinista e cinéfila, na que se fusionan para gozar das películas máis actuais de  documentais de montaña, natureza e aventura. Un punto de encontro ideal para inspirar, soñar con novos proxectos e abrir novas perspectivas cos mellores filmes da última edición do Bilbao Mendi Film Festival.

As sesións proxectaranse de 20 a 22 horas no Auditorio Municipal de Vigo.

Entrada gratuita ata completar aforo

Bhagirathi III

2025, España, 40min Director: Rubén Pérez Blázquez
Mikel Sáez de Urabain, José María Andrés da Torre ‘Chemari’, Rubén Pérez ‘Ino’ e Alex Kammerlander, catro alpinistas veteranos descoñecidos entre si, viaxan ao Himalaya indio para escalar o piar suroeste do Bhagirathi III (6.454 m). Sete días colgados na parede, baixo tormentas e frío extremo, poñerán a proba os seus límites. Máis aló da cima, o maior logro será volver unidos como amigos.

Dear Superhero

2025, Nova Zelandia, 14min Director: Corinna Halloran
A esquiadora profesional Janina Kuzma loitou durante case dous anos para quedar embarazada. A proba positiva de embarazo chegou a comezos de 2024, pero con ela xurdiron novos dilemas: o temor para perder o seu traballo como guía de montaña, ou a ser xulgada como atleta profesional, a atenaza, pero precisamente atopa o acougo na montaña. Acompañada por dúas amigas e atletas profesionais como a snowboarder Leanne Pelosi e a esquiadora Evelina Nilsson, Janina penétrase nos Alpes do Sur de Nova Zelandia para descubrir os poderes sobrehumanos da maternidade.

L’Escalade du Futur

2025, Francia, 52min Director: Pascal Barneville 
Co auxe dos rocódromos privados, a chegada aos Xogos Olímpicos, e inmersa nunha rápida evolución, o deporte da escalada enfróntase a un paradoxo: o seu éxito en locais interiores contrasta coas ameazas que se ciernen sobre os espazos naturais de escalada. O consagrado escalador Cédric Lachat explora a evolución da escalada e o legado para as xeracións futuras.

Detalles

Fecha:
25 febrero
Hora:
20:00 - 22:00
Categoría del Evento:

Local

Auditorio Municipal do Concello de Vigo, Praza do Rei, Vigo