Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

24 de setembro: Pequemarcha na Illa de Tambo

24/09/2022, 09:30 - 17:00

Gratuito – 12€
DATA: 24 de setembro
HORA: 9H30

Retomamos as actividades logo do verán cunha visita á Illa de Tambo, na ría de Pontevedra. Esta case descoñecida illa (militar ata hai uns anos) agocha un interesante percorrido circular para mostrarnos os seus tesouros: pequenas praias, un facho, unha furna, restos dunha igrexa medieval, de instalacións militares, dun lazareto,… e cunhas vistas á ría de Pontevedra inéditas e espectaculares.

A saída do barco será desde Combarro (Poio). Haberá que estar puntuais ás 9,50h do sábado 24 de setembro. Hai aparcamento polo peirao de embarque. Non esquezades a comida, viseira, auga, crema solar (o baño na illa non está permitido).

Sairemos da illa ás 14,15 e completaremos a xornada visitando Combarro e algo máis…

PREZOS:

Socios: Adultos: 10€  Menores de 12 anos: de balde

Non socios: Adultos: 12€. Menores de 12 anos 3€

Inscrición: Inscrición Pequemarcha

Detalles

Fecha:
24/09/2022
Hora:
09:30 - 17:00
Precio:
Gratuito – 12€
Categoría del Evento:

Organizador

Sección Cultura e Actividades Sociais

Local

Aparcadoiro, Av. Costa, 25, 36993 Combarro, Pontevedra