Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

23 de setembro: Bici de montaña polas terras de Forcarei

23/09/2023, 10:00 - 14:00

DATA: 23 DE SETEMBRO
HORA: 10:00
LUGAR: SOUTELO DE MONTES, PARQUE DOS GAITEIROS
NIVEL DE DIFICULTADE: medio

Comezamos curso escolar cunha saída de bici de montaña polas terras de Forcarei, nas que poderemos gozar da natureza e do patrimonio do lugar.
Comezamos en Soutelo de Montes, terra de gaiteiros, saíndo da praza adicada a Avelino Cachafeiro. En Soutelo tamén poderemos ver unha casa modernista, para despois percorrer os vellos camiños e pistas, ata o Pazo de Hermosende. E dalí ao Castro de Loureiro, para subir ata Forcarei e os muiños de Chamosa,
Baixaremos ata o río Lérez, que cruzaremos pola ponte de Gomail, desde a que iniciaremos o retorno, polo camiño dos arrieiros.
O percorrido total está en torno aos 30 quilómetros e 4 horas de duración.
Ao finalizar o percorrido, quen queira, poderá degustar algo de comida en Soutelo de Montes.

**É necesario ter licenza ou seguro que cubra a actividade.

Inscrición: Bici de montaña polas terras de Forcarei

 

Detalles

Fecha:
23/09/2023
Hora:
10:00 - 14:00
Categoría del Evento:

Organizador

Sección Bici de Montaña

Local

Praza dos Gaiteiros, Praza dos Gaiteiros, Soutelo de Montes
Praza dos Gaiteiros, Praza dos Gaiteiros, Soutelo de Montes + Google Map