
23 de maio: Bautismo de barranquismo interclubs
23 mayo, 09:00 - 14:00
Data: sábado 23 de Maio
Hora: en horario de mañan
Nesta ocasión faremos un bautismo de barranquismo/descenso de canóns coa empresa TuracAventura e o clube Pena Trevinca Montañeiros de Galicia, que nos levarán a desfrutar desta actividade para aquelas personas que nunca fixeron este deporte e queren probalo, ou para os que apenas teñen experiencia e queren repetir.
O descenso de canóns consiste en baixar polocurso dun río, nadando, camiñando, facendo saltos e rappelando con corda.
Prazas disponibles: 10 participantes, para non ser un grupo grande e que non se nos alargue moito a actividade.
Nivel Bautismo
Requisitos:
– Ser maior de 14 anos
– Saber nadar
– Non ter vértigo
– Ter unha condición física adecuada ás esixencias da actividade
Equipamento necesario:
– Aconsellable traer roupa de recambio, bañador e toalla
– Calzado deportivo, tipo bota de montaña con BOA SUELA (IMPORTANTE QUE NON SE DESPEGUE NO RÍO E PROTEXA OS NOCELLOS). NON VALEN ESCARPÍNS, TEN QUE SER CALZADO DEPORTIVO
– Camiseta térmica ou de licra para poñer debaixo do traxe de neopreno
DATA LÍMITE DE INSCRIPCIÓN: VENRES 15 DE MAIO
CUSTO DA ACTIVIDADE: 45 EUROS

Inscrición: Bautismo de barranquismo