
21 de xuño: Pequemarcha en Cabo Home
21 junio, 10:30 - 18:00
DATA: 21 de xuño
HORA: 10h30
LUGAR: CABO HOME https://maps.app.goo.gl/2NCnrEsDTW45kbkA8
PREZOS:
Soci@ con licenza: 0€
Soci@ sen licenza: 5€
Non soci@ con licenza: 2€
Non soci@ sen licenza: 7€
**Ao non ter licenza se vos tramitará o seguro de día da Federación Galega de Montañismo, de aí o custe dos 5€
Retomamos as pequemarchas e imos pasar o día ao curruncho máis occidental do Morrazo. Imos visitar o que podería ser o santuario máis antigo de Galicia, o monte Facho.
Desfrutaremos das magníficas vistas e observaremos as excavacións do poboado castrexo, así como a fauna e flora da contorna.
Se o tempo o permite remataremos a tarde na praia de Melide para desfrutar de xogos e baño!
Material: Mochila, auga, gorra, comida (hai que levala), crema solar, bañador, toalla…
Esperámosvos!!
**Actividade para nenos e nenas acompañados dalgún membro da súa familia.

Inscrición: Pequemarcha Cabo Home