Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

21 de marzo: Asamblea Xeral Ordinaria e Extraordinaria

21 marzo, 19:30 - 23:30

Segundo os artigos 20 e 21 dos nosos Estatutos, convocamos Asemblea Xeral Ordinaria e Asemblea Xeral Extraordinaria o próximo día 21 de marzo ás 19:30 horas en primeira convocatoria e ás 20:00 horas en segunda convocatoria, no local social situado en Avda. Camelias 78 oficina K, segundo á orde do día que se expón a continuación:

Orde do día da Asemblea Xeral Ordinaria

1) Aprobación se procede, da acta da anterior Asemblea

2) Presentación e aprobación, se procede, das contas anuais de 2024

3) Presentación e aprobación se procede, do orzamento para o ano 2025

4) Presentación e aprobación, se procede da Memoria de actividades do ano 2024

5) Presentación e aprobación, do calendario de actividades do ano 2025

6) Propostas dos asociados

7) Rogos e preguntas

Ao remate da Asemblea Xeral Ordinaria convócase Asemblea Xeral Extraordinaria

Orde do día da Asemblea Xeral Extraordinaria

1) Modificación Estatutos Club: adecuar os artigos nº 2, nº 30 e nº66 tras a ORDE do 7 de xuño de 2024 pola que se declara de utilidade pública a Asociación Club Montañeiros Celtas.

As actas da anterior Asemblea non serán lidas e estarán á disposición dos socios e socias na oficina do Club e/ou no Taboleiro de anuncios a partir do día 7 de marzo, xunto ó Censo de socias e socios con dereito a voto.

A documentación: Balances e conta de resultados de 2024, estarán dispoñibles a partir do día 14 de marzo.

As Propostas dos asociados deberán presentarse segundo os estatutos con 5 días de antelación a celebración da asemblea.

Non ignores o dereito e deber de PARTICIPAR no funcionamento do teu CLUB.

PARTICIPA!!!

 

Detalles

Fecha:
21 marzo
Hora:
19:30 - 23:30