21 de decembro: Bici de montaña en Moaña
21 diciembre, 09:30 - 14:00
Data: Sábado 21 decembro 2024
Lugar: A Talangreira do Beque (Moaña)
Hora: 9.30
Nivel de dificultade: medio
Rematamos o ano realizando unha rutiña en bici de montaña polos montes do Morrazo. Saíndo da Talangreira do Beque, realizaremos a subida aos miradores do Faro de Domaio, Monte Gagán, e miradores dos Candons.
Desta maneira poderemos gozar dos fermosos lugares e vistas que nos ofrecen os montes do Morrazo, con vistas ás Rías de Vigo e Pontevedra, así como os xacementos arqueolóxicos de Chan da Arquiña.
O percorrido será circular, con inicio e fin na Talangreira, cunha duración apróximada de 4 a 5 horas.
Ao finalizar a actividade imos reservar mesa para comer no restaurante da Talangreira, polo que pregamos confirmación.
Localización do lugar de saida: https://maps.app.goo.gl/D8BS58388DgzkH5x7
**É obrigatorio ter licenza ou seguro que cubra a actividade.
Inscrición: Bici de montaña Moaña