Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

21 de abril: Bici de Montaña na Estrada. Ruta de maceiras en flor

21/04/2024, 10:00 - 14:00

DATA: 21 abril 2024
HORA: 10:00

LUGAR: Estación buses A Estrada (https://maps.app.goo.gl/hgsJbzzdpXpdZVaK9)

Coa estación da primaveira veñen as flores das maceiras, das que logo sairán as mazáns e logo a sidra…
Aproveitando a época imos facer un percorrido polo Concello da Estrada, no que agardamos poder observar a floración das maceiras e pode que ata teñamos a posibilidade de degustar un pouco de sidra.
Comezamos a ruta a carón da estación de autobuses da Estrada, onde temos sitio dabondo para deixar os coches. Desde aquí faremos un percorrido por varias parroquias do concello, para poder observar varias plantacións de maceiras e disfrutar dos numerosos camiños da Estrada. Tamén haberá a oportunidade de ver algún castro e varias fervenzas, que de seguro levan bastante auga.
O percorrido combina asfalto e pistas de terra, cubrindo unha distancia de arredor de 30 km e cun desnivel positivo de entorno a 500 metros, podendo catalogarse como de dificultade media.
Mediado o percorrido poderemos visitar in lagar de sidra con degustación incluida, por un prezo de 12 euros por persoa.
**É necesario ter licenza que cubra a actividade

Detalles

Fecha:
21/04/2024
Hora:
10:00 - 14:00
Categoría del Evento:

Local

Estación de autobuses de A Estrada
Estación de autobuses de A Estrada + Google Map