
- Este evento ha pasado.
21-22 de xuño: Sendeiro montaña no Xurés
21/06/2025, 07:30 - 22/06/2025, 20:30
DATAS: 21 e 22 de xuño
SAÍDA: 7h30 dende Concheiro (Avda de Madrid)
VOLTA: 20h30 a Concheiro (Avda de Madrid)
Parque natural Baixa Lima- Xurés.
Sábado 21: Foxo do lobo+ Fonte Fría
Saída do pobo de Puxedo por varios sendeiros e corredoiras, cruzaremos o pobo de Guende e a partir de aquí continuaremos por camiños empedrados polos que nos iremos atopando distintas figuras do lobo enriba de bolos con distintas formas graníticas ata chegar ao foxo do lobo. Dende aquí continuaremos por sendeiros que se van perdendo entre carqueixas, breixos e algúns fitos que nos levarán a Olleiro do Tipazo (1170 m), ascenderemos ata chegar á fronteira con Portugal (1435m), seguiremos ascendendo uns metros ata alcanzar o cumio (1458m) para retroceder polo mesmo sendeiro. Desviaremonos para ver o foxo do lobo e volveremos ao inicio da saída.
Desnivel: + 750 – 750. Ruta circular de media montaña de 17kms. Dificultade media
Domingo 22: Olas do Mao + Pozo da Seima
Descenderemos ata o Val do Río Mao, fervenzas de As Olas e de Cal, continuaremos á aldea de Albite e A Cela, nesta última poderemos ver as casas construidas entre rochas. Dende aquí descenderemos ao Pozo de Seima, retrocederemos a ruta e de volta ao punto de partida con bonitas vistas aos cumios da serra.
Saída de Puxedo e volta, circular 16kms
PREZOS:
Autobús soci@: 40€
Autobús non soci@: 56€
Aloxamento no albergue de Muíños (hai que levar toalla). Non fai falta levar saco
Media pensión: 32,50€

Inscrición: Sendeiro Montaña Xurés