
- Este evento ha pasado.
20 de setembro: Bici de montaña polos montes de Avión
20/09/2025, 09:30 - 14:30
DATA: Sábado 20 de setembro
HORA: 9.30
LUGAR: Avión (Ourense) – Avenida de José Antonio https://maps.app.goo.gl/PXx2CeE6BsTPT8WZ9
Retomamos as actividades de bici de montaña despois do parón estival realizando un roteiro de bici de montaña polo concello de Avión.
Este itinerario, proposto polo noso compañeiro José Antonio, discorre íntegramente polo concello de Avión, combinando a zona do encoro de Albarellos coas zonas de monte próximas á Serra do Suído. De seguro que o percorrido será do gusto de todos.
A actividade que está en torno aos 30 km e 900 m de desnivel, está considerada como de nivel de dificultade moderada.

Inscrición: Bici de montaña Avión