
- Este evento ha pasado.
20 de decembro: Bici de montaña polos montes do Morrazo
20/12/2025, 09:30 - 17:00
DATA: Sábado 20 decembro 2025
LUGAR: Moaña, Cruz de Maceira (estrada Moaña-Marín, PO313 , km9), cruce da Pastoriza
HORA: 9.30 h
A última saída de bici do ano e previa ás enchentas das comidas e ceas do Nadal…
O percorrido desta saída vai ser polos montes do Morrazo, saíndo da Cruz de Maceira, onde deixaremos os coches, dirixirémonos cara a Pastoria, para comezar a subida cara Ermelo, por onde pasaremos e pararemos, para logo voltar ao punto de partida, pasando polo Paralaia e por Agudelo.
A saída ten un percorrido aproximado de 25 km, con 500 metros de desnivel acumulado e dificultade moderada.
Ao final do percorrido realizaremos a xa clásica comida de Nadal da sección de bici de montaña na Talangreira do Beque, onde temos encargado o seguinte menú:
- Entrantes: langostino Pango e tostas de pemento asado e verduriñas
- Prato a elixir (indicar): Calamares encebolados ou Solombo/secreto
- Cafés, postres e bebida
O prezo do menú é de 35 euros e hai posibilidade de menú Vegano. **Págase directamente alí.
Para vir á comida non será necesario facer a saída de bici.
**Para realizar a actividade de bici é OBRIGATORIO ter licenza ou seguro que cubra a actividade.
