
- Este evento ha pasado.
20 de agosto: Bautismo de mergullo
20/08/2022, 09:00 - 14:00
40€DATA: 20 de agosto
HORA: 09h
LUGAR: Vigo (Camiño Real 74, Teis)
Propoñemosvos unh bautismo de mergullo co Club Baixo dos Mares.
Un bautismo de mergullo en mar é unha primeira experiencia subacuática, unha iniciación. Consiste nunha inmersión no mar con equipo de mergullo a unha profundidade máxima de 6m.
Estaredes acompañados e supervisados en todo momento por un instructor experimentado e nunha entorna controlada.
O bautismo consta dunha parte teórica e outra práctica. A duración total é dunhas 4h.
Requisitos:
- Ter + de 8 anos de idade
- Saber nadar
- Non ter problemas graves de saúde. Non ter problemas de oídos, aparato respiratorio nin corazón. (En caso afirmativo necesitarase un certificado médico de APTO para a actividade)
- Non estar embarazada
- Non coller un avión nas 12h posteriores á actividade
Prezo soci@s: 40€
Inclúe: a actividade, fotografías da actividade ou vidéo, material necesario, seguro de actividade e asistencia de un instructor.
** Como esta actividade coincide co periodo de vacacións do Club Montañeiros Celtas pregamos que vos inscribades directamente en Baixo dos Mares: casbaixo2mares@gmail.com