Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

2 e 3 de xullo: Multiactividade Travesía da Ría

02/07/2022, 08:00 - 03/07/2022, 19:00

30€ – 65€

Para festexar os 80 anos do Club retomamos a Multiactividade Travesía da Ría.

Desenvolvemento da actividade

Sábado 2 de xullo

  • INICIO: Praia do Bao
  • Praia do Bao- Praia de Melide: kaiak
  • Paredes de Donón: escalada
  • Donón- Domaio: sendeirismo
  • PERNOCTA: Terreo da CMVMC de Domaio

Domingo 3 de xullo

  • Domaio- Rande: sendeirismo
  • Estreito de Rande: natación (800 metros)
  • Rande- Monte Aloia: bicicleta de montaña
  • COMIDA E FINALIZACIÓN DA ACTIVIDADE: Monte Aloia.

As persoas participantes deberán estar ás 8:00h. da mañá do sábado coa bicicleta e a mochila co material necesario para pasar a fin de semana (ver listado de material necesario) no parking da Praia do Bao situado xunto á ponte de Toralla.

O domingo pola tarde, unha vez rematada a actividade e tras a comida de clausura no refuxio do Monte Aloia, un autobús devolverá ás persoas participantes á Praia do Bao.

É unha actividade exixente, polo que antes de inscribirse cada un debe valorar se posúe a condición física axeitada para a súa realización. Recordamos así mesmo que non é unha actividade competitiva e que hai persoal encargado de guiar a correcta realización de cada unha das probas ao que se lle debe facer caso en todo momento.

Hai posibilidade de anotarse ás actividades dos dous días ou ás de cada un dos días.

LISTADO DE MATERIAL NECESARIO:

  • Esterilla e saco de durmir (durmimos en tendas de campaña).
  • Prato, cantarillo e cubiertos (para a cea do sábado e almorzo e comida do domingo)
  • 2 mochilas preparadas:
    • 1 de ataque para a actividade de sendeiro, coa roupa e calzado que se vai empregar nesta actividade. Tamén é necesario levar unha lanterna (frontal preferiblemente) e cantimplora.
    • 1 mochila coa esterilla e saco de durmir, co prato e cantarillo, así como a roupa que se vai empregar na actividade do domingo (probas de natación e bici de montaña)
  • Roupa axeitada para as distintas actividades que se vaian realizar:
    • Kaiak: bañador, camiseta, gorra, chancletas, guantes, crema solar
    • Escalada: roupa cómoda
    • Sendeiro: roupa cómoda, calzado axeitado, gorra, mochila de ataque e crema solar
    • Natación: neopreno de natación e gorro vermello (proporcionao a organización)
    • Bici: roupa de bici, calzado axeitado e casco (obrigatorio)
  • Móbil con números de teléfono da organización

PREZOS

Actividade completa:
Socios entre 18-35 años: 30€
Non socios entre 18-35 años: 50€
Socios máis de 35 años: 45€
Non socios máis de 35 años: 65€

Para as persoas que non fagan a actividade completa os prezos son os seguintes:

Participación en todas ou nalgunha das actividades do 1º día: 30€ (kaiak, escalada e sendeiro). Non socios 45 €

Participación en todas ou nalgunha das actividades do 2º día: 20€ (natación e bicicleta). Non socios 35 €

* No prezo inclúese o aluguer da piragua, material para realizar a actividade de espeleoloxía e escalada, transporte da bici desde a praia do Bao hasta o inicio da actividade de BTT en Rande, autobús Monte Aloia- Praia do Bao- local social, avituallamentos líquidos e sólidos ao longo da proba, comida e cea do sábado e almorzo e comida do domingo.

O número máximo de participantes na actividade de kaiak é de 30 persoas, polo que terán preferencia nesta actividade, en primeiro lugar, as persoas que se anoten a todas as actividades, e  en segundo lugar, os que se anoten ás actividades do 1º día completo.

O club conta cun seguro de responsabilidade civil e accidentes dos participantes.

Inscrición: Inscrición Multiactividade

Detalles

Comienza:
02/07/2022, 08:00
Finaliza:
03/07/2022, 19:00
Precio:
30€ – 65€
Categorías del Evento:
, , ,
Etiquetas del Evento:
, , , , ,

Organizadores

Sección Espeleoloxía
Sección Escalada
Sección Sendeiros
Sección Bici de Montaña
Sección Cultura e Actividades Sociais