Cargando Eventos

« Todos los Eventos

2-5 de abril: Montañas de Alto Bernesga (León)

2 abril, 06:00 - 5 abril, 20:30

DATAS: do 2 ao 5 de abril
SAÍDA: xoves 2 de abril ás 06h00 dende Concheiro (avda Madrid)
VOLTA: domingo 5 de abril ás 20h30 a Concheiro

ACTIVIDADES

Xoves 2 de abril: Camino del Salvador. Arbás del Puerto – Villamanín. Levaremos a mochila de ataque lista e comezaremos en Arbás del Puerto. O Camino de San Salvador no Alto Bernesga é un tramo montañoso e esixente, que sigue o río Bernesga ata o seu nacemento, ofrecendo paisaxes espectaculares da Cordilleira Cantábrica e pasando por lugares emblemáticos como o Alto de los Romeros e o Canto de la Tusa (punto máis alto).
Distancia: 17-18km. 6h (dependendo das condicións metereolóxicas)
Desnivel positivo: 568m. Desnivel negativo: 733m. Altitude máxima: 1.719m
Dificultade técnica: moderada

Venres 3 de abril: Saída e chegada dende Arbás del Puerto. Todo o percorrido pola cresta entre Ceyón e La Pájara ten unha preponderancia moi importante sobre a zona, con vistas ao parque de las Ubiñas e La Mesa ao oeste, a costa ao norte, e a zona de San Isidro ao leste. Se o terreo eo tempo o permiten, pódese extender a ruta pola crestería norte do Ceyón.
Distancia: 13km. 4h sen neve, 7h con neve
Desnivel positivo: 781m. Densivel negativo: 781m
Dificultade técnica: moderada

Sábado 4 de abril: Ruta circular de las Tres Marías. Punto de partida e chegada en Casares de Arbás. Trátase dunha espectacular ruta de alta montaña que discorre polo municipio de Villamanín de León e que nos permitirá contemplar dende todos os ángulos o magnífico macizo da zona de Arbás dominado polas Tres Marías: el Palero, María de Enmedio e María de los Corros, picos que rondan os 1900m. de altitude, de difícil ascensión e que son un referente para montañeiros. Ao mesmo tempo, nesta ruta, existe a posibilidade de ascender á Peña de la Esquina, que con 1955m é unha atalaia sobre o Valle de Arbás e todos os cumios da zona.
Distancia: 15km. 4h -5h
Desnivel positivo: 794m. Densivel negativo: 794m
Dificultade técnica: moderada
Domingo 5 de abril: Cueto Fontún 1947m. Punto de partida e chegada dende Villamanín, o autobús nos recolle para volver a Vigo. O conxunto das penas do macizo do Cueto Fontún é un dos lugares máis espectaculares do Alto Bernesga. A ruta é corta pero con forte pendente. Non ten pasos complicados.
Distancia: 9km. 4h sen neve
Desnivel positivo: 836m. Densivel negativo: 836m
Dificultade técnica: moderada

PREZOS:
Autobús Soci@: 90€
Autobús Non soci@: 125€
Aloxamento: 54€ por persoa e estancia (só aloxamento)

** O aloxamento será no Campus Turístico Arco Tiempo Libre de Villamanín. As casetas dispoñen de duchas e wc. Hai que levar saco e toalla. Non hai servizo de comidas. O establecemento conta cunha cociña industrial e un gran comedor. Hai restaurante preto.

**É OBRIGATORIO ter licenza ou seguro que cubra a actividade.

**Para garantir a inscrición É NECESARIO realizar o pago. Non se devolverán os cartos alomenos que haxa un sustitut@ para a praza liberada.

Inscrición: Alto Bernesga

Detalles

Comienza:
2 abril, 06:00
Finaliza:
5 abril, 20:30
Categoría del Evento: