19 de outubro: Saída de espeleoloxía «As covas de Folón, Coruxo subterráneo»
19 octubre, 16:00 - 20:00
Gratuito – 10€Ubicación: 42.18348302557988, -8.755528040554612. Estrada Zondal
Imprescindible equipo individual de progresión horizontal (casco con lanterna e lanterna de reposto, roupa para manchar ou rozar, ou funda, e calzado que protexa os nocellos e non esbarre). Guantes opcionais.
Folón é un sistema kárstico polo que atravesa un regato, polo que inda que non nos mollaremos, cabe a posibilidade de meter un pe na auga.
Para os que coñezan as técnicas de TPV ou queiran probar, equipo de progresión vertical. Deixaremos cordas instaladas.
Según a entrada que fagamos, teremos que destrepar e trepar un pouco, polo que axudarémonos entre todas e todos.
Posibilidade de merenda/cea de confraternización na bocatería Agachatesta ao rematar.
Prazas disponibles: 10-12 participantes. Se son máis, faremos turnos de entrada.
Actividade para todas as idades a partir dos 8 anos. ** Os menores deberán permanecer en todo momento acompañados por un adulto responsable.
Más información:https://www.farodevigo.es/gran-vigo/2017/02/05/coruxo-oculta-tesoro-granitico-16370161.html