
- Este evento ha pasado.
18 de marzo: Bici de Montaña en Cerdedo: Pedre e Monte Seixo
18 marzo, 09:30 - 14:30
Saída de bici de montaña pola Terra de Montes (Cerdedo e Forcarei) na que subiremos ao Monte Seixo, máxima altura da zona, para poder contemplar Portalén e o marco do vento. Polo camiño pasaremos por Pedre, no que se conserva un fermoso eirado de hórreos, por Caroi, onde comezaremos ascenso ata a ermita de Santa Mariña, pasando por unha neveira.
Chegados a Santa Mariña, poderemos contemplar (se o día o permite) as rías baixas, pois neste punto, en días claros pódense observar as Rías de Vigo, Pontevedra e Arousa.
Despois seguiremos roteiro polo monte Seixo, onde veremos o Marco do Vento, restos dun menhir que se atopa preto do cumio, e Portalén, conxunto de pedras, que segundo as lendas son unha porta de comunicación entre o mundo dos vivos e o mundo dos mortos.
Desde aquí emprenderemos a baixada ata Cerdedo, para logo voltar ao punto de inicio do percorrido.
Ruta de 30 km e dificultade alta, polos desniveis que hai que salvar, xa que partindo de 350 m chegaremos a unha altitude máxima de 950 m sobre o nivel do mar.
Inscrición: Bici de montaña en Cercedo