
- Este evento ha pasado.
18 de decembro: Bici de montaña- Subida ao Galleiro
18/12/2022, 09:30 - 14:00
Gratuito – 5€DATA: 18/12/2022
HORA: 9.30
LUGAR: Gasolinera Amoedo (Pazos de Borbén)
Para despedirmos o ano imos realizar unha subida ao monte Galleiro. Saíndo de Amoedo (Pazos de Borbén), subiremos por pistas forestais ata Cepede, para desde alí achegarnos ao lugar de Galleiro e iniciar o ascenso ata o cumio do monte Galleiro. Unha vez arriba, iniciaremos o descenso pola banda de Nespereira, para despois voltar ao punto de inicio por estrada.
O percorrido está en torno aos 25 km e un desnivel acumulado en torno aos 800 metros.
As pistas polas que imos transitar están en bo estado, polo que o percorrido non entraña moita dificultade.
Ao final do percorrido hai a posibilidade de quedar a comer nun restaurante de Amoedo, polo que a xente que esté interesada que o indique coa inscrición.