
1 de outubro: Pequemarcha no Morrazo
1 octubre, 10:30 - 18:00
Gratuito – 3€DATA: 1 de outubro
HORA: 10h30
Esta actividade foi posposta do día 17 de setembro por mor do tempo.
Imos andar nesta ocasión polo extremo do Morrazo, acompañados das Cíes.
Comezaremos na praia de Nerga. Camiñaremos paralelos ao mar polo camiño entre as dunas e pola senda ata o faro de punta Subrido, praia de Melide, onde xantaremos, e cabo Home.
Voltaremos polo camiño da Costa da Vela ata Donón e logo a Nerga polo Camiño Real.
Quedamos ás 10,30Hh na praia de Nerga (O Hío-Cangas)
PREZOS:
Socios: adultos 2€, menores: ata 8 anos de balde, +8 anos 1€;
Non socios: adultos 3 €, menores: ata 3 anos, de balde, +4 anos 2 €.
Inscrición: Pequemarcha Morrazo