BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//CLUB MONTAÑEIROS CELTAS - ECPv5.8.1//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-WR-CALNAME:CLUB MONTAÑEIROS CELTAS
X-ORIGINAL-URL:http://www.celtas.gal
X-WR-CALDESC:Eventos para CLUB MONTAÑEIROS CELTAS
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Helsinki
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0300
TZNAME:EEST
DTSTART:20250330T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0300
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:EET
DTSTART:20251026T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Helsinki:20250417T060000
DTEND;TZID=Europe/Helsinki:20250420T200000
DTSTAMP:20260511T141258
CREATED:20250218T181453Z
LAST-MODIFIED:20250225T102154Z
UID:4665-1744869600-1745179200@www.celtas.gal
SUMMARY:17-20 de abril: Semana Santa en Redes
DESCRIPTION:DATAS: do 17 ao 20 de abril\nHORA DE SAÍDA: 17 de abril ás 06:00h (levar a mochila de ataque preparada)\nHORA DE VOLTA: 20 de abril ás 20:00h \nEsta Semana Santa iremos ao Parque Natural de Redes\, declarado Parque Natural en 1996\, e recoñecido pola UNESCO como Reserva da Biosfera en 2001. \nAs actividades previstas son as seguintes: \n\nXoves 17 de abril:\n\nMontaña: Soto de Agues – El Campu\, 23 km\, ±1500m\, 7 horas. Ruta ao Pico Argallo. Ascenderemos por unha pista que atravesa o monte La Secuesta para internarnos na Foz do Río Nozallín. Entraremos no Valle de Feleches ata o colado de Farciondas. Teremos a opción de subir o Peña Argallo (1.391m) onde as vistas son magníficas. Dende o colado deixaremos o sendeiro marcado para descender cara o sureste ata o pobo de Coballes. Seguiremos cara o Embalse de Tanes\, e o río Nalón ata El Campu.\nSendeiros: El Campu- Cerru Piquero – El Campu\, 13 km\, ±750m\,  4 horas. Ruta circular dende Campo de Caso pasando por Collado Villar\, Carro Piquero ata o cumio do Cerru Piqueru (1.159m). Modesto pero fermoso cumio do que gozar de estupendas panorámicas deste glorioso Parque Natural de Redes.\n\n\nVenres 18 de abril: 8:30h saída en bus a Caleao. Desfiladero de los Arrudos e Lago Ubales PR-AS61\, 26 km\, ±1300m\, 9 horas.  Iniciaremos a marcha pouco antes do pobo de Caleao\, tomando unha pista que parte da marxe esquerda da estrada. Tras pasar a carón da ermida de San Antonio\, o sendeiro queda demilitado por uns muros que rodean os prados. Tras cruzar varias veces o arroio e deixadas atrás as cabanas de Agualmayu chegaremos a unha ponte de madeira. Logo chegaremos á cabana de Prendeoriu\, onde a pista se transforma en camino. Avanzaremos aproximándonos ao impresionante desfiladeiro. Alcanzaremos a ponte colgante de La Calabaza\, onde comezaremos a ascensión (1h aprox de subida). Neste punto comeza o auténtico desfiladeiro de los Arrudos. Continuaremos contemplando a espectacular garganta\, totalmente ecaixada entre montañas. Tras unha forte pendente alcanzaremos El Collaín. Seguindo o camino principal e deixando o río á esquerda chegaremos a La Fontona.\n\nEste é o punto de retorno cara Caleao para os que non queiran realizar os 26km/9h. Continuaremos o ascenso ata Los Arrebellaos\, cruzaremos o río e comezaremos unha ascensión algo máis de kilómetro e medio que leva ata a mallada de Llede e a dos Moyones. O camiño continuará ascendendo entre pradeiras de alta montaña chegaremos a la Collada de Ubales\, punto máis alto da ruta. Dende aquí tomaremos un desvío para chegar ao Llago Ubales\, e continuar o descendo ata a mallada da Carbaza\, onde a ruta entronca co antigo Camín de Castilla. Saída e chegada a Caleao. Recollida do bus en Caleao ás 19h. \n\n Sábado 19 de Abril: 9 h saída El Campu – El Casar – El Campu\, 16 km\, ±900\, 6 horas. Un percorrido que dara un xiro completo ás Peñas del Casar\, ascendendo ao seu cumio máis alto\, Peña Casar ou La Conyonada. Saíremos de Campo Caso para cruzar unha ponte e comezar un ascenso por pista forestal\, que irá atravesando sucesivas malladas ata plantarse nunha solitaria e vistosa cabana en Carecea. Uns metros por encima teremos un sendeiro que pouco a pouco nos irá subido ás camperas de Sobrecantu. Iremos ao cumio de Peña Casar\, atravesando antes Collada Incós. Realizaremos o descenso baixando á Collada Incós\, pero pechando a circular; dirixiremonos á vertente oeste para chegar ás cabanas en Les Pedroses ata La Cepeda y la Biciella. Seguiremos un amplio camiño que baixa xunto ao Reguero de la Viciella ata a localidade de Les Yanes. Quedarán uns metros pola antiga estrada de Tarna\, pasando a carón da impresionante Cueva Deboyu\, onde o Nalón desaparece baixo as montañas\, para regresar a Campo Caso e finalizar así a ruta.\nDomingo 20 de Abril: 8:30h salida Soto de Agues -Ruta del Alba-Soto de Agues\, 15 km\, ±400m\, 5 horas. Declarada Monumento Natural\, esta pista\, gandeira e mineira\, atópase ao fondo dun val e discorre en todo momento xunto ao río Alba o Llaímo. A paisaxe\, a vexetación e a fauna abruman\, pero sobre todos eles a auga será o elemento fundamental: rápidos\, remansos\, pozas\, arroios\, fontes e un dos elementos máis bonitios da ruta\, as fervenzas.\n\nPREZOS \nAutobús soci@: 95€\nAutobús non soci@: 135€\nAloxamento no albergue de Redes (hai que levar saco e toalla):\n35€ persoa/noite en media pensión.\n27€ persoa/noite só aloxamento \n***No momento da reserva é OBRIGATORIO PAGAR o prezo do albergue para confirmar a reserva. Estes cartos só serán reembonsables se alguén pode sustituír a praza\, e se descontarán 3€ de gastos de devolución. \n**É obrigatorio ter licenza ou seguro que cubra a actividade \n**A actividade pode sufrir modificacións dependendo das condicións metereolóxicas.\n \nInscrición: Semana Santa en Redes
URL:http://www.celtas.gal/event/17-20-de-abril-semana-santa-en-redes/
CATEGORIES:Montaña
END:VEVENT
END:VCALENDAR