Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

17-20 de abril: Semana Santa en Redes

17 abril, 06:00 - 20 abril, 20:00

DATAS: do 17 ao 20 de abril
HORA DE SAÍDA: 17 de abril ás 06:00h (levar a mochila de ataque preparada)
HORA DE VOLTA: 20 de abril ás 20:00h

Esta Semana Santa iremos ao Parque Natural de Redes, declarado Parque Natural en 1996, e recoñecido pola UNESCO como Reserva da Biosfera en 2001.

As actividades previstas son as seguintes:

  • Xoves 17 de abril:
    • Montaña: Soto de Agues – El Campu, 23 km, ±1500m, 7 horas. Ruta ao Pico Argallo. Ascenderemos por unha pista que atravesa o monte La Secuesta para internarnos na Foz do Río Nozallín. Entraremos no Valle de Feleches ata o colado de Farciondas. Teremos a opción de subir o Peña Argallo (1.391m) onde as vistas son magníficas. Dende o colado deixaremos o sendeiro marcado para descender cara o sureste ata o pobo de Coballes. Seguiremos cara o Embalse de Tanes, e o río Nalón ata El Campu.
    • Sendeiros: El Campu- Cerru Piquero – El Campu, 13 km, ±750m,  4 horas. Ruta circular dende Campo de Caso pasando por Collado Villar, Carro Piquero ata o cumio do Cerru Piqueru (1.159m). Modesto pero fermoso cumio do que gozar de estupendas panorámicas deste glorioso Parque Natural de Redes.
  • Venres 18 de abril: 8:30h saída en bus a Caleao. Desfiladero de los Arrudos e Lago Ubales PR-AS61, 26 km, ±1300m, 9 horas.  Iniciaremos a marcha pouco antes do pobo de Caleao, tomando unha pista que parte da marxe esquerda da estrada. Tras pasar a carón da ermida de San Antonio, o sendeiro queda demilitado por uns muros que rodean os prados. Tras cruzar varias veces o arroio e deixadas atrás as cabanas de Agualmayu chegaremos a unha ponte de madeira. Logo chegaremos á cabana de Prendeoriu, onde a pista se transforma en camino. Avanzaremos aproximándonos ao impresionante desfiladeiro. Alcanzaremos a ponte colgante de La Calabaza, onde comezaremos a ascensión (1h aprox de subida). Neste punto comeza o auténtico desfiladeiro de los Arrudos. Continuaremos contemplando a espectacular garganta, totalmente ecaixada entre montañas. Tras unha forte pendente alcanzaremos El Collaín. Seguindo o camino principal e deixando o río á esquerda chegaremos a La Fontona.

Este é o punto de retorno cara Caleao para os que non queiran realizar os 26km/9h. Continuaremos o ascenso ata Los Arrebellaos, cruzaremos o río e comezaremos unha ascensión algo máis de kilómetro e medio que leva ata a mallada de Llede e a dos Moyones. O camiño continuará ascendendo entre pradeiras de alta montaña chegaremos a la Collada de Ubales, punto máis alto da ruta. Dende aquí tomaremos un desvío para chegar ao Llago Ubales, e continuar o descendo ata a mallada da Carbaza, onde a ruta entronca co antigo Camín de Castilla. Saída e chegada a Caleao. Recollida do bus en Caleao ás 19h.

  • Sábado 19 de Abril: 9 h saída El Campu – El Casar – El Campu, 16 km, ±900, 6 horas. Un percorrido que dara un xiro completo ás Peñas del Casar, ascendendo ao seu cumio máis alto, Peña Casar ou La Conyonada. Saíremos de Campo Caso para cruzar unha ponte e comezar un ascenso por pista forestal, que irá atravesando sucesivas malladas ata plantarse nunha solitaria e vistosa cabana en Carecea. Uns metros por encima teremos un sendeiro que pouco a pouco nos irá subido ás camperas de Sobrecantu. Iremos ao cumio de Peña Casar, atravesando antes Collada Incós. Realizaremos o descenso baixando á Collada Incós, pero pechando a circular; dirixiremonos á vertente oeste para chegar ás cabanas en Les Pedroses ata La Cepeda y la Biciella. Seguiremos un amplio camiño que baixa xunto ao Reguero de la Viciella ata a localidade de Les Yanes. Quedarán uns metros pola antiga estrada de Tarna, pasando a carón da impresionante Cueva Deboyu, onde o Nalón desaparece baixo as montañas, para regresar a Campo Caso e finalizar así a ruta.
  • Domingo 20 de Abril: 8:30h salida Soto de Agues -Ruta del Alba-Soto de Agues, 15 km, ±400m, 5 horas. Declarada Monumento Natural, esta pista, gandeira e mineira, atópase ao fondo dun val e discorre en todo momento xunto ao río Alba o Llaímo. A paisaxe, a vexetación e a fauna abruman, pero sobre todos eles a auga será o elemento fundamental: rápidos, remansos, pozas, arroios, fontes e un dos elementos máis bonitios da ruta, as fervenzas.

PREZOS

Autobús soci@: 95€
Autobús non soci@: 135€
Aloxamento no albergue de Redes (hai que levar saco e toalla):
35€ persoa/noite en media pensión.
27€ persoa/noite só aloxamento

***No momento da reserva é OBRIGATORIO PAGAR o prezo do albergue para confirmar a reserva. Estes cartos só serán reembonsables se alguén pode sustituír a praza, e se descontarán 3€ de gastos de devolución.

**É obrigatorio ter licenza ou seguro que cubra a actividade

**A actividade pode sufrir modificacións dependendo das condicións metereolóxicas.

Inscrición: Semana Santa en Redes

Detalles

Comienza:
17 abril, 06:00
Finaliza:
20 abril, 20:00
Categoría del Evento:

Organizador

Sección Montaña