
- Este evento ha pasado.
17-18 de xaneiro: Espeleoloxía na comarca do Bierzo
17 enero, 10:00 - 18 enero, 20:00
Espeleoloxía na comarca do Bierzo
Datas: sádado 17 e domingo 18 de xaneiro
Para celebrar a boa entrada do ano, faremos unha viaxe á Cova de Cornatel e Cova de Cortiñas na comarca de Valdeorras. Nesta saída é imprescindible ser autónomo en TPV, xa que iremos baixar e subir polas cordas e é necesario saber facelo con seguridade.
O sábado 17 de xaneiro faremos unha incursión á cova de Cornatel, Villavieja. Levaranos en torno a 5 ou 6 horas, polo que hay que levar comida de ataque.
O domingo 18 probaremos a Cova de Cortiñas, topografiada polo noso clube no seu momento, e tamén de longo recorrido.
Para durmir temos que ver opcións, xa que o refuxio da Federación Galega de Espeleoloxía está sen auga ata novo aviso.
Ubicación:
Refuxio Federación Galega de Espeleoloxía en Covas.
42.47584459543803, -6.831418775159631 de googlemaps
Prazas disponibles: 8-10 participantes, para non ser un grupo grande e que non se nos alargue moito a actividade.
Material necesario: MATERIAL DE ESPELEO E PROGRESIÓN (se sodes autónomos xa sabedes que levar). O GES M Celtas levará o material de colectivo necesario.
É preciso ter a Licenza adecuada que permita a actividade.
Data de inscripción hata o xoves 8/01/2026
Especificar se se vai durmir no refuxio da FGE ou non. Recordade que non ten auga.

Inscrición: Espeleoloxía no Bierzo