Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

14 de xuño: Bici de montaña polas beiras do Ulla

14/06/2025, 09:30 - 14:00

Data: 14/06/2025
Hora: 9:30
Lugar: Aparcamento da praza de abastos de Padrón, a carón do centro social Feira de Padrón https://maps.app.goo.gl/nBVQ1qUkQMUmM5xK8
Nivel de dificultade: moderado

Desta vez realizaremos unha ruta polos concellos de Padrón, A Estrada e Teo, seguindo o curso do río Ulla, que marca o límite entre as provincias da Coruña e Pontevedra.
Comezando en Padrón, no torreiro onde se celebra semanalmente o mercado, dirixiremos as nosas bicis cara o monte Meda, onde se atopa a altura máxima da etapa (432 m), onde teremos unhas boas vistas da contorna. Dende alí proseguiremos por zona de monte e bosque, ata o petróglifo da Pena Bicuda, xa no concello de Teo, desde onde iniciaremos descenso ata Pontevea, onde realizaremos un alto para repostaxe.
Unha vez que os depósitos estean cheos, retomaremos camiño, polas beiras do río Ulla, xa no concello da Estrada, pasando pola área recreativa do Xirimbao, coa súa característica ponte colgante , e proseguiremos ata chegarmos ao convento de San Francisco de Herbón, en terras de Padrón, onde pararemos para contemplar esta fermosa obra de arquitectura.
Ao final, completaremos a ruta circular volvendo ao punto onde deixamos os coches e buscando un sitio para encher o papo.
Algúns datos da actividade:
Distancia: 37 km
Desnivel: 850 m
Altitude máxima: 464 m
Ruta circular

Inscrición: Bici de montaña beiras do Ulla

Detalles

Fecha:
14/06/2025
Hora:
09:30 - 14:00
Categoría del Evento:

Organizador

Sección Bici de Montaña

Local

feria de padron
Av. de Compostela, 53, 15900 Padrón, A Coruña + Google Map