
- Este evento ha pasado.
14-15 de novembro: Montañas do Courel
14 noviembre, 07:00 - 15 noviembre, 20:30
DATAS: 14 e 15 de novembro
HORA DE SAÍDA: 07h00 dende Praza España (entre Pizarro e Rúa Porto Rico)
HORA DE VOLTA: 20h30 a Praza España
ACTIVIDADES
Sábado 14: PRG-220. Ruta circular Baldomir – Castro da Torre 17kms
Saída e volta dende Baldomir, cruzamos os pobos de A Pendella, O Touzón e pasaremos por varios sendeiros donde nos atoparemos varias alvarizas, cruzamos o pobo de Sobredo, a fervenza do Carrozo do regueiro para chegar a Castro da Torre e descender ao río Lor, cruzaremos a ponte das Arandainas, a ponte de Traspando ata chegar ao iniciio
Domingo 15: Pr – g 219 Río pequeno 15 kms circular
Saída desde Seoane do Courel para iniciar o descenso cara á antiga Ferraría de Locai. Desde este punto, tomamos un carreiro en ascenso que nos levará a cruzar varios soutos ata acadar a aldea de Mercurín.
Continuamos o camiño entre fermosos soutos de castiñeiros centenarios en dirección ao Castro de Brío e á aldea de Paderne. Tras visitar o espectacular Pozo da Grada, iniciaremos a baixada seguindo o curso do río Lor. No treito final, pasaremos polas edificacións abandonadas das Aldeas dos Carballois antes de chegar á recuperada aldea do Mazo, desde onde retornaremos ao punto de inicio.
PREZOS
Autobús soci@: 50€
Autobús soci@ menor 25 anos: 35€
Autobús non soci@: 75€
Aloxamento en bungalow no Camping Courelen media pensión: 50€
Só aloxamento: 36€
Hai que levar toalla.
*É necesario ter licenza que cubra a actividade ou solicitar seguro de día

Inscricion: Montañas do Courel