
14-15 de marzo: Espeleo no Karst do Courel
14 marzo, 09:00 - 15 marzo, 20:00
Datas: do sábado 14 ao domingo 15 de Marzo 2026
Descripción da actividade:
Faremos unha saída con xente doutros clubes ás covas do Courel. O sábado faremos distintas covas nas que é preciso saber progresar por corda (TPV). O domingo a idea é ir á Buraca das Choias ou Arcoia, aínda que non está nada decidido.
O desprazamento e a comida corre a cargo de cada un. Pero é importante estar o sábado as 9:00h no albergue de Folgoso listos para marchar ás covas. Sabedes que estamos no inverno e enseguida se fai de noite.
Reserva para durmir:
Reservaremos prazas no albergue de Folgoso para a noite do sábado. Prezo 17eur
Se algúen quere reservar o venres tamén, que o comunique no club.
Data límite de inscripción para solicitar os permisos de Rede Natura e reserva do albergue:
MARTES 3 DE MARZO
Prazas disponibles: 8 participantes mais lista de espera. Imprescindible levar material de progresión e ser autónomo.
Nivel Autónomo: IMPRESCINDIBLE COÑECER AS TÉCNICAS DE TPV E DESCENSO CON DESCENDEDORES AUTOBLOCANTES.
Material necesario: MATERIAL DE ESPELEO:
– Casco con lanterna frontal
– Lanterna de reposto para levar no cuello.
– Pilas de reposto para todo o fin de semana
– Funda ou roupa para manchar, e roupa térmica interior. Recomendable lubas.
– Botas de goma con sola de goma, non de plástico, ou botas de montaña que non esbaren
– Bolsas ou sacos de basura para recoller a roupa sucia
– Roupa de muda ou reposto para deixar no coche despóis das covas
– Equipación de TPV (arneses, cabos de ancoraxe, puño, pedal e croll, stop, etc)
Dende o clube levaremos o material de colectivo:
– Sacas, cordas, ancoraxes e bidóns estancos
É IMPRESCINDIBLE QUE CADA PARTICIPANTE LEVE O SEU MATERIAL PROPIO DE PROGRESIÓN VERTICAL
É OBRIGATORIO TER LICENZA OU SEGURO QUE CUBRA A ACTIVIDADE

Inscrición: Espeleo Karst Courel