Cargando Eventos

« Todos los Eventos

13 e 14 de xuño: Camiño dos Faros. Etapas 1 e 2

13 junio, 07:00 - 14 junio, 21:00

DATA: 13 e 14 xuño
HORA DE SAÍDA: 13 de xuño ás 7h dende Concheiro (Avda de Madrid)
HORA DE VOLTA: 14 de xuño ás 21 a Concheiro (Avda de Madrid)

Sábado 13: Etapa 1: Malpica – Igrexa de San Xoán de Niñóns
Saíremos dende o porto de Malpica, praia de Seaia, para chegar ao Cabo de San Adrián, Veo coas súas praias, praia de Esteiro onde desemboca o regato de Esteiro. Neste punto nos descalzaremos e remangaremos os pantalóns para poder cruzar o regato. Pasaremos pola praia de Barizo, punta de Cabalo para chegar ao Faro de Punta Nariga e dende aquí cruzaremos a praia de Niñóns para terminar na igrexa San Xoan de Niñóns.
Lineal 22.5 kms. Dificultade moderada. Desnivel: +555 -550

Domingo 14: Etapa 2 -Igrexa San Xoan de Niñóns a Praia de Balarés
Saíremos da Igrexa de San Xoán de Niñóns, cruzaremos a praia de Niñóns, atravesaremos o porto en dirección da praia de A Barda, dende aquí camiñaremos por un sendeiro á aldea de Roncudo, descenderemos ata o Faro Roncudo, cruzaremos o puerto de Corme para terminar na praia de Balarés.
Lineal 22 kms. Dificultade moderada. Desnivel: +697 -700

PREZOS:
Autobús soci@: 45€
Autobús non soci@: 60€
Aloxamento e almorzo no albergue Artsurfcamp: 19€
Cea: 13€

**Seguro de día (se non se está federado): 7€
**Hai que levar saco e toalla
**Non se pode cociñar no albergue

Inscrición: Camiño dos Faros

Detalles

Comienza:
13 junio, 07:00
Finaliza:
14 junio, 21:00
Categoría del Evento: