Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

13 e 14 de xullo: Campamento social no Grove

13 julio, 12:00 - 14 julio, 12:00

DATAS: 13 e 14 de xullo
O verán xa chegou e con el o noso campamento social.
O lugar escollido é o mesmo que o ano pasado, en San Vicente de O Grove, aloxándonos no Camping Paisaxe II.
Por razóns alleas ao club tivemos que cambiar as datas e adiantar a actividade unha fin de semana.
O campamento dará comezo o sábado a partir das 12h, coa recepción das persoas participantes. Existe a posibilidade de chegar o venres.
Pola noite prepararemos e degustaremos todos xuntos un delicioso churrasco á cargo da organización.
**Tedes que levar prato, cubertos e vaso!
O domingo pola mañá hai a posibilidade de realizar un percorrido en kaiak.
PREZOS ALOXAMENTO NOITE:
Soci@s:
  • 0-12 anos: 0€
  • +12 anos: 9€
  • Tenda: 8€
  • Coche dentro: 7€
  • Furgo/ campers…: 15€
Non soci@s:
  • 0-3 anos: 0€
  • 3-12 anos: 7€
  • + 12 anos: 14€
  • Tenda: 8€
  • Coche dentro: 7€
  • Furgo/ campers…: 15€
 ** Cando fagades a inscrición tedes que seleccionar a tenda ou a furgo. Se ides máis de unha persoa seleccionadea só unha vez. A tenda tedes que levala vós, págase polo emprazamento.
*Para os que o desexen hai posibilidade de reservar o camping a noite do venres ao mesmo prezo.
**O prezo do coche no camping NON está incluido.
 PREZOS ACTIVIDADES:
 KAIAK DOBRE: 30 € (15€ por persoa)
 Agardámoste!!
Inscrición: Campamento social

Detalles

Comienza:
13 julio, 12:00
Finaliza:
14 julio, 12:00
Categoría del Evento:

Organizador

Sección Social