Cargando Eventos

« Todos los Eventos

13-14 de xuño: Operación Benxamín. Montes Galiñeiro e Aloia

13 junio, 10:00 - 14 junio, 17:30

DATA: 13 e 14 de xuño
LUGAR DE ENCONTRO: día 13 ás 10h00 no Monte Galiñeiro (merendeiro).
LUGAR DE RECOLLIDA: día 14 ás 17h30 no Refuxio do Monte Aloia

A “Operación Benxamín” que naceu no ano 1968 da man de varios socios do Club, tiña como idea orixinal a de facer un curso de montaña orientado aos máis pequenos onde aprenderan, gozando en plena natureza, todos os aspectos básicos deste deporte, formando así aos futuros montañeiros.

O sábado 13 de xuño ás 10h00 no parque forestal do Galiñeiro comezaremos a Operación Benxamín.
A xornada comezará cunha actividade de escalada no Galiñeiro. Despois de escalar, comeremos todos xuntos no merendeiro do Galiñeiro e irán camiñando ata o Refuxio do Aloia polo PRG-2 e visitando os petroglifos. (10km aprox., 2h)
Ao chegar ao refuxio prepararán as súas cousas nos cuartos, terán tempo de descanso e xogos ata a hora de cear.
Depois da cea realizarán un paseo nocturno con frontal polos arredores do refuxio.

O domingo 14 despois de durmir no Refuxio do Aloia, almorzaremos, realizaremos unha ruta e visitaremos o centro de visitantes do Aloia.
Comeremos todos xuntos no refuxio e logo realizaremos unha actividade de orientación.

PREZOS:
SOCIXS CON LICENZA: 5€
SOCIXS SEN LICENZA: 12€

** Esta actividade é para nenos e  nenas de entre 8 e 16 anos acompañados de monitores e monitoras.

**Teñen que levar a comida do sábado e do domingo e a cea do sábado. O almorzo da maña o poñerá o Club.
**Teñen que levar esterilla e saco de durmir.

Adxuntamos documento orientativo para o que teñen que levar nas mochilas. Pregamos que non leven teléfonos para facilitar a tarefa dos monitores e monitoras e unha mellor convivencia.

Inscrición: Operación Benxamín

Detalles

Comienza:
13 junio, 10:00
Finaliza:
14 junio, 17:30
Categoría del Evento: