Cargando Eventos

« Todos los Eventos

12-15 de outubro: Picos de Europa- Anel Vindio

12 octubre, 05:30 - 15 octubre, 21:00

173€ – 187€

DATAS: do 12 ao 15 de outubro
HORA DE SAÍDA: 05h30
HORA DE VOLTA: 21h ao club

Haberá 2 opcións nesta actividade.

OPCIÓN 1: TRAVESÍA 

  • Xoves 12 de outubro: Chegada a Posada de Valdeón arredor das 11:30-12:00. Saída así que se chegue. Collerase a Senda del Cares ata Puente Bolín. Nese punto cóllese un desvío cara á Canal de Trea. Faise noite no Refugio de Ario. Desnivel aproximado: +1210/-510.
  • Venres 13 de outubro: de Vega de Ario a Vegarredonda. En principio iríase pola Vega de Aliseda; se ben a etapa non é moi longa en distancia, o terreo é complexo e impide levar unha marcha rápida. Como ruta alternativa (especialmente se houbese néboa) pódense seguir os camiños normais entre os dous refuxios, pasando polos Lagos de Covadonga. Faise noite no Refugio de Vegarredonda. Desnivel aproximado (pola Vega de Aliseda): +400/-550.
  • Sábado 14 de outubro: de Vegarredonda a Vegabaño. Por Fuente Prieta, Vega Huerta e a Canal del Perro. Faise noite no Refugio de Vegabaño. Desnivel aproximado: +1010/-1100.
    Domingo 15 de outubro: de Vegabaño a Posada de Valdeón, por el Puerto de Dobres. Desnivel aproximado: +250/-635

Dependendo de como esteamos de forzas, poderíase tentar facer algún cume (por exemplo, o Jultayu ao inicio do segundo día, ou desviándose desde Collado del Burro a Torre Bermeja o terceiro.

OPCIÓN 2: SENDEIROS EN MONTAÑA

  • Día 12: Ferrata de Valdeón. Esta ferrata ten un nivel de dificultade alta (K4) con 1.200m de lonxitude e bastante aérea. Requírese experiencia ou ter feito algunha ferrata con anterioridade. Custo adicional non incluído no prezo de 6 € (hai que solicitar no concello de Valdeón con antelación polo que se alguén está interesado, chamar ao club) 2ª Opcion Sendeiro Pousada de Valdeon-Cain-Inicio sendeiro do Cares.
  • Día 13: Monte de Valdeón- Vega de Llos- Porto de Dobres-Hayedal de Llampa Luenga-Caldevila- Soto de Valdeón. Circular de 17 km. Dificultade Moderada
  • Día 14: Sendeiro de montaña Sta Mariña de Valdeón- Caben de Remoña-Canle de Pedabejo-Vega de Liordes-Vega de Asotin-Cordiñanes. Dificultade Alta
  • Día 15: Sta Mariña de Valdeon-Porto de Panderrueda. Dificultade Baixa. Regreso a Vigo

Aloxáremonos no Refuxio la Ardilla e dende alí realizaremos saídas de un día. Máis información proximamente.

PREZOS:
Autobús:
Opción 1 Travesía:
Aloxamento nos 3 refuxios en media pensión: 103€
Opción 2 Sendeiros:

Refuxio La Ardilla Real
Aloxamento en media pensión: 117€
** Non se pode cociñar

Inscrición: Anel Vindio

Detalles

Comienza:
12 octubre, 05:30
Finaliza:
15 octubre, 21:00
Precio:
173€ – 187€
Categoría del Evento:

Organizador

Sección Montaña