Cargando Eventos

« Todos los Eventos

12-13 de outubro: Actividade de Montaña en Ancares

12 octubre, 06:00 - 13 octubre, 20:30

DATA: 12 e 13 de outubro
HORA DE SAÍDA: 06h dende Concheiro
HORA DE VOLTA:  20h30 a Concheiro
Día 12: Porto Ancares, Cuiña, Mustallar, Burbia, 17 km, 7 h, +800m/-1900.
En canto cheguemos ao Porto Ancares ( mochila de ataque preparada), iniciamos a subida ao Pico Cuiña, cumio da serra con 1.987m., para descender cara o Penalonga 1.842m. e sempre con vistas ás dúas caras da serra, Piornedo a un lado, ao outro Burbia. Continuaremos o camiño cara o Mostellar, quizáis o máis emblemático e coñecido con 1.924m., e cresteando cara o Pico de Lagos onde comezaremos o descenso aos lagos de Vilouso, nacentes do río Burbía e seguiremos decendendo polo precioso bosque del Acebalin ata Burbia, fin do percorrido.
Día 13: Porto Ancares, Miravalles, Tejedo de Ancares, 12 km, 4 h, +400 m/-1100
De novo dende o alto do Porto de Ancares, partiremos en dirección contraria ao día anterior, cara ao Pico Miravalles 1.969 m. Unha preciosa montaña cunhas vistas esplendidas do val de Balouta e ao fondo as primeiras montañas de Asturias, cresteando sen dificultade chegaremos a uns canchales de rocha solta pero sen perigo cara ao colado que nos conduce ao cumio. Iniciaremos o descenso ata o colado e dende aí descenderemos por un camiño de bosque a Tejedo de Ancares, onde nos recollerá o autobús.
PREZO:
Autobús soci@: 37€
Autobús non soci@: 52€
Aloxamento no Hostal Piñera:
  • Prezo en cuarto doble: 24€
  • Prezo en cuarto triple: 22€
  • Prezo en cuarto: 22€

Cea: 13€ (Menú a escoller): Embutido do bierzo ou caldo de berzas // Troita con pementos ou costilla á barbacoa /// Flan ou tarta de chocolate

Almorzo (cada un pagará alí directamente o que consuma)

Inscrición: Ligazón actividade

Detalles

Comienza:
12 octubre, 06:00
Finaliza:
13 octubre, 20:30
Categoría del Evento:

Organizador

Sección Montaña