- Este evento ha pasado.
11 e 12 de maio: Bici de montaña na Veiga
11/05/2024, 10:00 - 12/05/2024, 18:00
42€ – 84€DATAS: 11 e 12 de maio
LUGAR: A Veiga (Ourense)
Actividade de fin de semana no concello da Veiga, onde poderemos gozar de dúas actividades de bici de montaña.
Para esta actividade temos reservadas 2 noites no albergue Montañas de Trevinca, entrando o venres e saíndo o domingo, con posibilidade de media pensión (cea e almorzo) os dos dous días.
SÁBADO 11 DE MAIO
HORA: 10:00
Saíndo do albergue da Veiga, que está situado á entrada da vila da Veiga, xunto ao encoro de Prada.
Trátase dun roteiro circular que bordea o encoro de Prada (no río Xares) ,seguindo o carreiro PR-G-211. O roteiro está ben sinalizado en todo o seu percorrido, agás en pequeno tramos (basicamente, tramos das zonas urbanas polas que pasa, pequenos pobos típicos da zona situados na marxe do encoro, que son camiños locais asfaltados). O roteiro discorre por camiños e corredoira entre carballeiras, castiñeiros (algúns centenarios), bosque atlántico e/o monte baixo, e algunha que outra pradería.
Para esta saída hai que levar auga e comida, pois pode alongarse entre 5 e 6 horas.
Distancia: 33 km
Desnivel acumulado: 670 m
Nivel de dificultade: medio-alto
DOMINGO 12 DE MAIO
HORA: 10:00
Percorrido circular con saída e chegada á vila da Veiga. Saíndo do albergue cruzamos en bici a vila da Veiga, para encarar á primeira subida a Peña do Quiebro, para despois dirixírmonos á aldea de Lamalonga, onde colleremos unha pista que nos leve á aldea de Requeixo.
Pasado este punto, descenderemos ata o río Xares e seguindo o seu curso, voltaremos ao punto de partida.
Distancia: 28 km
Desnivel acumulado: 730 m
Nivel de dificultade: medio-alto
DATOS DO ALOXAMENTO
Albergue Montañas de Trevinca (Albergue Montañas de Trevinca – Google Maps)
Habitacións de 4 persoas (literas con baño común): media pensión (cea e almorzo) 42 €/persoa. O aloxamento está reservado para a noite do venres (10/05) e do sábado (11/05).
Para os desprazamentos tentaremos coordinar aos participantes para que se poida compartir vehículo.
**É obrigatorio ter licenza ou seguro que cubra a actividade
Inscrición: Bici de montaña na Veiga