
- Este evento ha pasado.
11 de xullo: Bici de montaña O Grove
11 julio, 10:00 - 14:00
DÍA: Sábado 11 de xullo
HORA: 10:00 H
LUGAR: Parking Porto do Grove https://maps.app.goo.gl/72cUSZAaVidqUaNG7
Chega o campamento de verán e xa sabedes… sol, Praia, churrasco… e bici.
A sección de bici propón realizar unha volta en bici pola península do Grove. Costa, Praia e sol… e a canción do verán…
Saíndo do camping onde se vai celebrar o campamento realizaremos un percorrido circular, seguindo na maior parte do tempo o contorno da península do Grove.
Todo o percorrido de máis ou menos 27 km, con apenas 300 metros de desnivel acumulado, polo que o nivel de dificultade é baixo.
**Se queredes quedarvos ao campamento social tedes que facer a inscrición na actividade Campamento Social.
**É obrigatorio ter licenza ou seguro que cubra a actividade

Inscrición: Bici de montaña. O Grove