Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

11-18 de xaneiro: Interclubs Esquí Andorra 25

11 enero, 08:00 - 18 enero, 20:00

DATAS: Do 11 ao 18 de xaneiro

LER ATENTAMENTE TODA A INFORMACIÓN NO Documento adxunto

É unha “viaxe branca” (con saída do 11 ao 18 de xaneiro), dende Galicia a GrandValira (Andorra), organizada por Clubs de Montañismo, dunha semana, na que cada participante pode escoller, a maiores do paquete básico, contratar voluntariamente un forfait e esquiar libremente,  inscribirse nun curso de esquí de travesía ou de esquí alpino de distintos níveis, alugar o  material deportivo, contratar seguro,…
OBXECTIVOS:
1. Formarse e/ou practicar ou o esquí de travesía (“esquí de montaña”) ou o esquí alpino ou snowboard (“esquí en pista”)
2. Convivir entre os socios/as dos distintos Clubs participantes.
3. Promover o esquí de travesía (ou tamén chamado “de montaña”).
ESQUÍ ALPINO/SNOWBOARD, OU ESQUÍ DE TRAVESÍA?: Para comprensión rápida, o esquí alpino (ou o snowboard) é so para baixar mentras que a subida é por medios mecánicos; o esquí de travesía (tamén chamado esquí de montaña) é para baixar, progresar en plano, e subir polos teus propios medios.

PRAZO E SISTEMA DE INSCRICIÓN:
Ata o 20 de Nadal (ou ate esgotar as prazas, o que pase antes), haberá que facer:
1º Un primeiro pago por cada praza a reservar para bloquear cada praza de 350€ na
conta de Viajes Sierra poñendo de referencia “Interclubs” e o nome e apelidos do
viaxeiro/a (un ingreso por cada viaxeiro) en ABANCA IBAN ES73 2080 0341 1130 4004
9050.
2º Unha vez pagado o primeiro prazo, cubrir inmediatamente o seguinte formulario
que podes atopar neste enlace https://forms.gle/x2vUXh9ZzwB3DBnv9
O seguinte pago (ata completar o total) farase antes do 01/Xan ás 23.59h.
DÚBIDAS: Poñerse en contacto co teu Club, ou con Viaxes Sierra (Mila) no 881 979 138
ou en viajessierra@viajessierra.com (coa referencia “Interclubs”).
Dúbidas só de esquí de travesía podes falar co técnico de esquí de travesía da Escola
Galega de Alta Montaña (EGAM) Fernando Fernández no tel. 630 317 555 (tamén
representante do Club Montañeiros Celtas).

Inscrición: Interclubs Esquí Andorra

Detalles

Comienza:
11 enero, 08:00
Finaliza:
18 enero, 20:00
Categoría del Evento:

Organizador

Sección Esquí