Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

11-13 de abril: Espeleoloxía na Cova do Rei Cintolo

11/04/2025, 18:00 - 13/04/2025, 18:00

Datas: do venres 11 ao domingo 13 de Abril

Descripción da actividade:
Faremos unha saída á Cova do Rei Cintolo. Chegaremos a Mondoñedo o venres pola tarde en vehículos particulares e nos instalaremos. Cada un pode chegar á hora que necesite ou incluso o sábado pola mañá a primeira hora.

O venres poderemos facer uso do espeleódromo entre as 19 e as 22 horas mais ou menos. Un espeleódromo é unha instalación que nos permite facer as ténicas de TPV de espeleoloxía. Se por organización non fose posible, iríamos ás Covas de Supena (Arcos ou Lobos)

O sábado sairemos cara a Cova do Rei Cintolo para facer un roteiro con corda por dentro da cova. Piso del bombero e pozo de lluvias. Comeremos na entrada da pasarela da cova e poderemos entrar na Cova da Capela. Logo volveremos entrar a Cintolo para acceder á sala de Valle Inclán, paso dos exicios e Mahoma e voltar por Zona Nueva cara o pozo do Bocio e sair por dobre escorzo.

É importante ser autónomo en TPV xa que os pozos de Cintolo son bastante complicados.

O domingo pola mañá voltaremos a Cintolo para facer o bucle de pozos e voltar polo pozo de Angustias.

Cronograma:

Venres 11
Uso do espeleódromo no pabillón de Mondoñedo, práctica de TPV. Ou Covas de Supena se nos se pode usar o espeleódromo.

Sábado 12
10:00 Espeleoloxía na Cova do Rei Cintolo e cova da Capela. Comida de ataque na entrada da Cova, tipo bocata ou de picar
15:00 Espeleoloxía na Cova do Rei Cintolo

Domingo 13

10:00 Espeleoloxía na Cova do Rei Cintolo
Comida de ataque
16:00 Volta cara casa

Os participantes deberán ir polos seus medios.
A comida e cea corre a cargo de cada participante. En Mondoñedo hai diferentes restaurantes e bocaterías.

Débese ter a licenza que permita a actividade e cada un levará o material de espeleoloxía que precise. (Pedilo con tempo no clube por se hai que facerlle solicitude á Federación se non chega o material)
Levar bastante auga para a actividade. Na entrada de Cintolo hai fonte.


Alternativas para durmir:

Refuxio da Federación Galega de Espeleoloxía
http://www.espeleoloxia.org/web/es/refugios/

Abergue Lumen no centro de Mondoñedo
https://lumenhostels.com/albergue/   (18eur/noite)


Data límite de inscripción para solicitar os permisos de Rei Cintolo:
Xoves 27 de marzo

Prazas disponibles:
8 participantes con reservas ata12

Nivel Autónomo: IMPRESCINDIBLE COÑECER AS TÉCNICAS DE TPV E DESCENSO CON DESCENDEDORES AUTOBLOCANTES.

Material necesario: MATERIAL DE ESPELEO:

– Casco con lanterna frontal
– Lanterna de reposto para levar no cuello.
– Pilas de reposto para todo o fin de semana
– Funda ou roupa para manchar, e roupa térmica interior. Recomendable lubas.
– Botas de goma con sola de goma, non de plástico, ou botas de montaña que non esbaren
– Bolsas ou sacos de basura para recoller a roupa sucia
– Roupa de muda ou reposto para deixar no coche despóis das covas
– Equipación de TPV

Dende o clube levaremos o material de colectivo:
– Sacas e bidóns estancos

Inscrición: Espeleo na Cova do Rei Cintolo

Detalles

Comienza:
11/04/2025, 18:00
Finaliza:
13/04/2025, 18:00
Categoría del Evento:

Organizador

Sección Espeleoloxía