
11-12 de xullo: Campamento Social
11 julio, 12:00 - 12 julio, 12:00
DATAS: 11 e 12 de xullo
LUGAR: Camping Paisaxe II
O verán xa chegou e con el o noso campamento social.
O lugar escollido é o mesmo que o ano pasado, en San Vicente de O Grove, aloxándonos no Camping Paisaxe II.
O campamento dará comezo o sábado a partir das 12h, coa recepción das persoas participantes. Existe a posibilidade de chegar o venres.
Pola noite prepararemos e degustaremos todos xuntos un delicioso churrasco á cargo da organización.
**Tedes que levar prato, cubertos e vaso!
O domingo pola mañá hai a posibilidade de realizar un percorrido en kaiak.
PREZOS ALOXAMENTO NOITE:
**Tedes que seleccionar tenda/furgo + persoa.
Soci@s:
3-12 anos: 6€
+12 anos: 9,5€
Tenda: 10€
Coche dentro: 9€
Furgo/ campers: 20€
Non soci@s:
0-3 anos: 0€
3-12 anos: 14€
+ 12 anos: 17,50€
Tenda: 10€
Coche dentro: 9€
Furgo/ campers: 20€
INSTRUCCIÓNS PARA A INSCRICIÓN:
SEMPRE unha inscrición por persoa seleccionando a categoría (soci@, adulto…)
Se compartides TENDA ou FURGO seleccionadea só unha persoa do grupo.
O prezo da TENDA ou FURGO non inclúe o prezo do adulto ou neno.
*Para os que o desexen hai posibilidade de reservar o camping a noite do venres ao mesmo prezo.
**O prezo do coche no camping NON está incluido.
** Hai que liberar o camping ás 12h, senón haberá que pagar outro día enteiro.
PREZOS ACTIVIDADES:
KAIAK DOBRE: 34€ (17 € por persoa).
ÚLTIMO DÍA PARA ANOTARSE: 7 DE XULLO!
Agardámoste!!

Inscrición: Campamento social