10 de xullo: As portas do Gerês e algunha que outra cancela. Etapa 2
10 julio, 07:30 - 20:30
15€ – 21€DATA: 10 de xullo
HORA DE SAÍDA: 7h30 dende o Club con parada en Concheiro
HORA DE CHEGADA: sobre as 20h30 ao Club
DISTANCIA: O sendeiro é duns 16 km. En caso de bordear o Quinxo, alargarase un par de km máis.
2° Etapa: Quinxo – Pozas de Mallón
Tendo en conta que xa entramos de cheo no verán a etapa está pensada para desfrutar das magníficas pozas que nos ofrece o Gerês sen deixar de lado o noso espíritu montañeiro.
Saímos do pequeno pobo A Pereira, en terras de Entrimo, e percorrendo camiños por bosques e sendeiros por monte baixo iremos en busca do cumio do Quinxo. Baixamos cara o río Castro Leboreiro, seguendo o seu curso teremos ocasión de desfrutar visualmente das pozas de Mallón.

Teremos ocasión de desfrutar de un bo baño nalgunha das pozas ou de un merecido descanso á sombra dunha árbore. Finalizamos en Olelas.
Se fixera moito calor deixaremos o cumio para outra ocasión e buscaremos o río a través de sendeiros por bosque na medida do posible.
Importante: levar comida e auga pa toda a xornada. E o kit de baño
PREZOS:
Autobús socio: 15€
Autobús non socio: 21€