Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

10-12 de outubro: Alta Sanabria, Trevinca e Cabrera Baixa

10 octubre, 06:00 - 12 octubre, 20:30

DATAS: 10-12 de outubro
SAÍDA: sábado 10 ás 06h00 dende Praza España (entre Pizarro e Porto Rico)
VOLTA: luns 12 ás 20h30 a Praza España

Actividades:
Sábado 10: Xa coa mochila de ataque preparada baixaremos do autobús e comezaremos a ruta que nos levará ao Alto de la Plana (2.007 m) e ao Pico Tres Burros (2.028 m) é un dos cumios máis característicos do cordal pola súa silueta inconfundible. Debe o seu nome a tres grandes bloques de rocha aliñados que sobresaen na crista, semellando tres animais en fila. Ofrece unhas vistas espectaculares cara aos vales leoneses da Cabrera e as concas glaciares de Sanabria.Distancia: 22,5 km Dificultade moderada

**Opción bivaque: Laguna de los Peces-Moncalvo-Peña Trevinca: será do sábado ao domingo polo que haberá que levar a mochila de travesía lista para comezar ao baixar do autobús. O domingo o autobús recollerá a todo o grupo para levalo ao albergue.

Domingo 11: Opción A: Ascenso a Pena Trevinca (2.127m) dende a Laguna de los Peces. Distancia: 24 km. Dificultade: alta
Luns 12: Sendeiro dos cañóns de Cárdena e Segundera. Distancia 19km. Dificultade moderada.

Prezo:
Autobús socio: 75€
Autobús non socio: 100€
Aloxamento no refuxio de montaña de San Bernardo da Agrupación Montaña Zamorana ( A.M.Z.): 12€/noite. Hai que levar saco e toalla. Hai cocina e material para cociñar para 20 persoas, polo que pregamos que algúns levedes cocinilla. Hai un microondas
Hai restaurante en San Martín de Castañeda (a 5km por estrada do refuxio)

**É OBRIGATORIO ter licenza ou seguro que cubra a actividade. Non se pode tramitar o seguro de día da FGM

Inscrición: Alta Sanabria, Trevinca e Cabrera baixa

Detalles

Comienza:
10 octubre, 06:00
Finaliza:
12 octubre, 20:30
Categoría del Evento: